sábado, 10 de xuño de 2017

Ollos de auga de Domingo Villar, por Paula Lema (4º ESO)

Leo Caldas e Rafael Estévez deben investigar o asasinato do músico Lois Reigosa que apareceu morto no seu apartamento na illa da Toralla dunha forma moi cruel e dolorosa.
As primeiras hipóteses apuntan que o asasinato puido ser un crime pasional, pola forma en que apareceu o cadáver atado ao cabezal da cama espido. Trala autopsia, descobren que a Lois Reigosa lle inxectaran formol para matalo, polo que a investigación ábrese cara o campo da medicina e distribución deste composto, xa que é un produto utilizado nos hospitais.
A investigación céntrase na búsqueda de homes que tiveran algún tipo de contacto con Lois Reigosa xa que era homosexual. Tras investigar e falar con varios coñecidos de Lois Reigosa, coñecen ao pincha discos do club polo que acudía Lois a miúdo, pero cando concertan a cita para falar de Lois, o pincha discos non acode porque o asasinaran.Leo Caldas e o seu axudante descobren no ordenador do pincha discos varias fotos que amosan que Dimas Zuriaga e Lois Reigosa eran amantes.
Os policías acoden a casa de Dimas Zuriaga para detelo, xa que as probas atopadas e as hipóteses confirmadas do inspector, apuntan a que o doutor é o asasino, xa que opinan que para manter as súas aparencias o doutor decidiu acabar con Lois para non ser descuberto.
Pero finalmente, os policías descobren que algo non encaixa: as pistas parecen que foran deixadas voluntariamente polo asasino para que fose un caso fácil de resolver e que apuntasen directamente a Dimas Zuriaga. Deciden interrogar a muller de Dimas Zuriaga que parecía desconsolada pero cando os policías se dispuñan a marchar entra o can de Isidro Freire que delata a Mercedes. Ela confesa que matou ao amante do seu marido, para que el non a abandonase e asegurar a súa fortuna. Tamén confesa que matou ao pincha discos do club ao que acudía Lois, que traballaba como unha especie de detective para Mercedes, para que non a delatase; ademais confirma que Isidro Freire era o seu cómplice.
Pareceume un libro entretido, aínda que tiña unha trama bastante simple, xa que en comparación con outras novelas esta mantén outro tipo de historia máis simple. Paréceme un libro moi dinámico, xa que aínda que mantén partes de descrición son poucas e amenas, e ten moito diálogo polo que faise máis rápido á hora de ler e máis entretido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario