Os
alumnos de 3º da ESO do CPI As Revoltas estamos a facer un OBRADOIRO
DA MEMORIA. Cada grupo entrevistou ou gravou a persoas maiores da
zona co fin de recoller lendas e datos sobre os oficios antigos.
A
nós, Fabiola e Sabela, tocounos a zona de Canduas. A principios do
mes de marzo, entrevistamos o noso veciño, Marcial Suárez Taboada.
Falounos sobre o traballo de carpinteiro de ribeira. El e os seus
dous irmáns fundaron o estaleiro Irmáns Suárez, situado na zona
das Grelas. Actualmente, só está traballando o fillo dun deles.
Na
entrevista cóntanos como se fan os barcos e como traballan eles.
Sabela Lema, Fabiola Suárez, Ana Nantón e Álex Urquiza (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario