sábado, 10 de xuño de 2017

A praia dos afogados de Domingo Villar, Paula Lema (4º ESO)

A aparición dun cadáver dun mariñeiro nunha das costas das Rías Baixas da comezo á investigación da súa morte, Leo Caldas e Rafael Estévez encargaranse diso.
O cadáver pertence a Xusto Castelo, un mariñeiro solitario da vila de Panxón. Aparentemente, a súa morte parece un suicidio xa que as mans do cadáver aparecen amarradas cunha brida, unha forma moi común de suicidio, pero o que alarma aos policías é que a parte que cingue a brida aparece pola parte dos meniños polo que é imposible de que a atase el mesmo.
Os policías interrogan aos achegados da vítima e descobren que o Rubio a última vez que fora vista foi o domingo pola mañá, cando ninguén vai pescar, ademais, tamén descobrenque a morte de Xusto Castelo podería estar relacionada co naufraxio do Xurelo nunha noite de temporal, de xeito un pouco estraño. No naufraxio morrera o capitán do barco e os mariñeiros sobreviventes non manteñen relación desde ese día. Ademais, tamén recuperan a barca de Xusto Castelo afundida nun lugar completamente distinto ao que aparecera o cadáver e o utensilio co que golpearan ao Rubio para deixalo inconsciente.
Como peza final do crebacabezas, o inspector descobre que ambos os sucesos, o naufraxio do xurelo e a morte do Rubio, poderían estar relacionadas coa desaparición dunha muller en Aguiño na mesma noite cao o afundimento do Xurelo.
Finalmente, todas as probas apuntan a que Marcos Valverde é o asasino de Xusto Castelo e da muller desaparecida a noite do afundimento do Xurelo, xa que esta se resistira aos encantos de Marcos Valverde; e Xusto Castelo fora asasinado debido a que sabía a verdade do acontecido a noite do naufraxio, xunto con que estaba farto de ocultar a verdade e o fillo da muller asasinada o estaba acosando pola morte de súa nai, influíron na súa morte.
COMPARACIÓN
En comparación coa novela Ollos de auga, pareceume moito máis interesante e divertida ca esta última, xa que a trama de Ollos de auga é moi simple e intuitiva. En cambio a novela A praia dos afogados, mantente ata o último momento coa incertidume de saber quen é o verdadeiro asasino, ata incluso pensar que o propio asasino puido ser cada un dos personaxes presentados , xa que cada un podía ter os seus propios motivos para cometer os asasinatos. 
 É un libro moi entretido para os amantes das novelas policíacas, e tamén para os que non o son. É un libro moi ben escrito que presenta como título de cada capítulo a definición dunha palabra distinta relacionada coa historia, o que me parece orixinal. Este libro achéganos as novelas policíacas, tradicionalmente asociadas á literatura especialmente inglesa, ao noso entorno, mesturando as crenzas máxicas ou fantásticas galegas, como a nosa relación coa morte, os amuletos..., á historia.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario