sábado, 10 de xuño de 2017

Romeo e Xulieta de Shakespeare por Yoli Rama (4º ESO)

Na antiga Verona dúas familias , os Montesco e os Capuleto, están enfrontadas por un conflito do que xa ninguén se acorda.Entre estes están dous xoves chamados Romeo e Xulieta , Montesco e Capuleto respectivamente.Todo cambia pra eles cando unha noite nun baile organizado por Capuleto , o pai de Xulieta , no que Romeo se cola , estes se topan e xorde o amor. Tras verse varias veces , Romeo e Xulieta deciden casar , para o que lle piden axuda a Frei Lorenzo, un frade de confianza .Mais tarde ofendido pola intromisión dos Montesco no baile Teobaldo, o primo de Xulieta, reta a Romeo a unha loita aínda que este o rexeita.Con todo a loita é aceptada por Mercucio, o mellor amigo de Romeo, que morre nela .Romeo decide acabar co que empezara o seu amigo e asasina a Teobaldo.Tras este acontecemento o príncipe de Verona exilia a Romeo a Mantua. Mentres tanto Xulieta está desconsolada e o seu pai pensa que é pola morte do seu primo , aínda que non é asi .Este pídelle , e seguidamente obriga , a que case co conde Paris , pretendente de Xulieta.Esta non quere facelo, asi que lle pide axuda ao Frei Lorenzo e xuntos trazan un plan para que Romeo e ela poidan estar xuntos.Este consistia en que Xulieta tomaria un veleno que faria que quedara sumida nun profundo sono parecido á morte ; mentres tanto , Frei Lorenzo mandaria unha carta a Romeo para que no momente en que Xulieta espertase os dous puidesen escapar.Sen embargo a carta non chega e a noticia da morte de Xulieta chega a oidos de Romeo, que , crendo que Xulieta realmente morrera , non dubida en volver a Verona a morrer con ela .Pra conseguilo , toma un veleno que lle compra a un boticario . Cando Xulieta esperta e ve ao seu lado o corpo sen vida de Romeo, decide clavarse a si mesma a daga de Romeo no corazón, morrendo asi ao instante.Ao encontrar os dous cadávers abrazados e coñecer asi a tráxica historia, os Montesco e Capuleto deciden acabar coa súa rivalidade para sempre.

Lendo este libro enténdese por que os clásicos se converten en clásicos . Unha historia marabillosa ainda que triste .

Ningún comentario:

Publicar un comentario