Harmonía
e Rosa, dúas irmás aínda nenas, marchan exiliadas á Rusia, por
mor da guerra. Seu pai despídese delas, pero súa nai non chega a
tempo. Harmonía e Rosa chegan a Rusia, a unha residencia onde as
tratan moi ben. Harmonía quería escribirlle unha carta a súa nai,
e por casualidade, a mestra pónllelo como tarefa. Harmonía escribe
a carta, xunto cun debuxo de súa irmá Rosa, e mándaa a España,
coa esperanza de que os seus pais a ían ler. Mentres isto ocorría
en Rusia, en España a guerra non cesaba. A carta non pasara a
fonteira con Francia, por mor da súa orixe. O pai de Harmonía
seguía loitando, e tamén salvou a algún amigo de morrer polas súas
ideas republicanas. Por desgraza, o pai das nenas falece. A noticia
chegoulle a Carmiña, a súa muller, que, grazas ó amigo que salvara
o seu marido , logra comezar unha nova vida fóra de España.
Primeiro chega a Francia, onde unha muller lle axuda a saír desas
residencias. A carta aínda estaba no lugar onde ficou Carmiña, pero
ela nunca o chegou a saber. Xa acabada a guerra, a carta chega á
vila, pero os parentes non a aceptaron, e o xefe de correos decide
gardala. Carmiña, xa na Arxentina, coñece a un home co que, a causa
dun favor, e por circunstancias da vida, acaba contraendo matrimonio,
e instalándose nos Estados Unidos. En Rusia, as nenas seguían a súa
vida, coa esperanza de reencontrarse cos seus pais. Un día, os nenos
da escola foron a unha actuación de ballet, e Rosa decatouse de que
quería ser bailarina. Tras un longo camiño e moito esforzo, logra
ser aceptada no Bolshoi. Anos máis tarde convértese nunha
prestixiosa bailarina. Mentras, Harmonía e León, un rapaz que
coñecera o mesmo día que marchou de España, fanse noivos, e anos
máis tarde casan. Xa anciáns, as dúas irmás e as súas
respectivas familias volven a Galicia, onde o neto do antigo xefe de
Correos lle entrega a devandita carta, que, anos atrás, terían que
ter recibido os seus pais.
Lucía Gagino Fernández (2ºA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario