A nai de Xabier comunícalle que vai pasar o verán en
Vila Candeloria, xunto cos seus tíos e as súas curmás. Uns días despois, colle
o tren e chega a Santander, onde o agardaba o seu tío. Logo, o tío condúceo ata
Vila Candeloria, e alí coñece as súas curmás. Unha sorpréndeo en especial, xa
sexa polo seu físico ou pola súa maneira de vestir, Violeta. Despois, xa pola
noite cando estaba na cama, sente unha presenza fantasmal. Xabier pensa que é
produto da súa imaxinación ó estar nunca casa tan antiga, pero noutra ocasión,
ve as saias desa muller espectral, e Violeta decátase, porque ela tamén a pode
ver. A partir disto, xuntos comezan unha investigación sobre Beatriz Obregón,
unha antepasada de Violeta, que cren que é a pantasma. Van ó camposanto, e
Violeta cóntalle a historia das Lágrimas de Shiva, o regalo que o seu futuro
marido lle regalara polo seu compromiso a Beatriz, e o seu misterioso desaparecemento un día
antes da voda. Xa de volta na casa, na biblioteca, Xabier atopa un escrito nun
libro que pertencera a Beatriz, o que lles axuda moito na investigación, e polo
cal, van falar cun home da vila que lles achega numerosos datos sobre o buque Savanna e o maís importante, sobre o seu
capitán, Simón Cienfuegos. Seguen avanzando na investigación e o espectro
condúceos xunto unha tal Amelia, que fora doncela de Beatriz e que aínda vivía.
Dálles vital información para a súa investigación, pero decátanse de que mente.
Ocóreselles buscar no faiado, nos mobles de Beatriz, e a súa búsqueda dá
resultado. Un tempo despois, sen que Violeta se decatase, Xabier volve visitar
a Amelia, e ela, xa cansa, cóntalle toda a verdade, e tamén lle confesa,
ademais da historia de amor entre Beatriz e Simón, que a súa dona, Beatriz, non
marchara coas valiosísimas Lágrimas de Shiva, como cría todo o mundo, senón que
ela, Amelia Bareyo, se quedara con elas e gardáraas todos estes anos. Amelia,
sorprendentemente, devólvelle a magnífica xoia, e Xabier, ao chegar á casa,
abre a caixiña recibida, e descobre xunto ós seus tíos e curmás, a maxestuosa e
de incalculable valor xoia, que sementara dende había tanto tempo, a discordia
entre os Mendoza e os Obregón.
Lucía Pérez Gagino (2º A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario