quarta-feira, 10 de outubro de 2012

Pozo de Leixelas

Na entrada da miña aldea, hai un pozo, co nome de pozo de Leixelas, onde se xuntan o río Anllóns e o seu afluente, o Ballabosa. Antigamente, os mozos ían bañarse alí e unha vez, unha vez unha rapaza case afoga polas fortes correntes que alí hai, a pesar de que era boa nadadora, e tivo que salvala un home xusto no último intre. Isto todo é certo. Conta a lenda que nese pozo hai unhas escaleiras de pedra que conducen a unha cavidade inferior subterránea. Alí os mouros esconderon un dos seus maiores tesouros, pero, que á parte deles, aínda ninguén chegou alí. Adrián Abuín Pose (3º ESO)

Sem comentários:

Enviar um comentário