sábado, 27 de outubro de 2012

Chamádeme Simbad de Francisco Castro

O pai de Paulo ten a orella vermella porque fala moito tempo polo teléfono móbil, por cousas da oficina. Paulo pasa moito tempo co seu avó que ten unha enfermidade que lle fai comportarse como un neno, xoga con Paulo, ou como el lle chama Simbad a os piratas. Un día o avó desaparece da casa e ninguén sabe onde vai, chaman a policía pero despois dun mes non o atopan e dan a busca por finalizada. Unha mañá Simbad recibe unha carta do capitán ou sexa de seu avó na que lle conta que o busque na taberna do pirata, Paulo non sabe onde queda iso, e na cea pregúntalle a seus pais onde está, eles abráianse e dinlle que se llo contou o avó non existe porque ten esa enfermidade que lle fai dicir burradas. Unha tarde mentres a nai de Paulo está limpando os libros do avó Paulo ve unha caixa detrás dun libro, cando súa nai marcha, cóllea e abre a pechadura cunha chave que o avó lle mandara na carta. Na caixa hai cartas e fotos antigas do avó cuns homes que Paulo non coñece, le as cartas e decátase de que seus pais queren meter o avó nunha residencia, Paulo escoita que neses sitios tratan moi mal as persoas. Esa noite dille todo o que leu a seus pais e anóxase con eles pero, non lle conta que descubriu unha tarxeta que dicía onde se atopaba a taberna do pirata, pero non sabe onde queda iso nin coa dirección. A mañá seguinte Paulo marcha da casa e baixa ao bar do barrio dende alí chama un taxi e dille que o traslade á taberna do pirata. En menos de cinco minutos están alí pero a estrada é peonil e o taxi non pode pasar así que Paulo paga e pregunta onde está a taberna do pirata o taxista dillo e marcha. Ó chegar á taberna pregunta se alí é a taberna do pirata e un home alto sae da cociña, sospeita que é seu tío Bernardino que vira nas fotos do avó, despois escoita a seu avó chamalo e deciden falar do pasado de Bernardino e o avó. Despois dun pouco chegan os pais de Paulo e seu pai empeza a discutir con Bernardino, o que se comporta como un adulto e Paulo que os tranquiliza e entende todo(cando faleceu a avoa de Paulo Bernardino e seu pai discutiron porque quen ía quedar co avó, cando naceu Paulo o avó dixo que quería quedar co seu neto e Bernardino dicindo que cerraba o bar para volver a vida de mariñeiro convenceu o pai de Paulo para que quedara co avó). O día seguinte ingresaron o avó nun centro de día e Bernardino pechou o bar para sempre e pasa tempo co avó xogando ó parchís e ás cartas. Sergio Caamaño Maroñas (2º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario