mércores, 10 de outubro de 2012

A lenda da Cruz da Rosa

Esta lenda conta, que hai moitos anos un viaxante das Américas, de laxe, prometeu que se volvía san e salvo das Américas traería unha reliquia da cruz na cal morreu Jesucristo. Cando este viaxante regresou, trouxo consigo unha reliquia de dita cruz e levouna ao monte de Santa Rosa. A día de hoxe, dise, que esta reliquia se encontra, baixo o cruceiro de pedra que hai en dito monte, onde se levantou unha fermosa capela, a ermida de Santa Rosa de Lima. Esta cruz foi levantada no ano 1676, época na cal, este navegante de Laxe, apelidado Couceiro, facía a ruta España-Perú a mandou construír en agradecemento por salvarse dos ataques piratas. Dende entón o 30 de Agosto é festa de Santa Rosa en Laxe, nesta festa os mariñeiros de dito pobo, soben en perenigración á ermida de Santa Rosa de Lima a pedirlle á santa, sorte e saúde no seu traballo no mar. O 21 de xullo tamén é festa en Laxe, e a celebración do día da Cruz da Rosa, no cal a misa se oficia en dita ermida. Candela Martínez (3º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario