mércores, 10 de outubro de 2012

Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz

Sara, a protagonista, vai de vacacións á casa da súa avoa falecida ese mesmo ano. En vez de instalarse na habitación de sempre, mándanlle que vaia para a habitación do seu tío Moncho, ata agora prohibida pola súa avoa. Nese cuarto había unha especie de espírito que non lle deixaba descansar. Un día, de casualidade, descobre que no interior do armario había un compartimento segredo, abriuno e viu que estaba cheo de cartas do seu tío Moncho. Nelas contaba os plans que tiñan feitos el e a súa moza e que foron desfeitos pola guerra mentres que a el o collían preso e ela fuxía para Arxentina. Nada máis descubrilo cóntallo a súa nai, que tamén debía sabelo. Sara tamén ten unha pequena historia de amor cun rapaz chamado Daniel pero non vai adiante. Unha noite, Sara, viuse atraída pola presenza fantasmal ata a libraría do seu tío Moncho. Colleu un libro moi delgadiño, que non puidera ver antes, e decubriu no seu interior dúas cartas máis, que estaban escritas por Sara Salgueiro, a súa moza. Nelas conta que o estivo esperando pero que seguramente non se volvan ver xamais. Tamén menciona que ten outro noivo, pero que nunca o amara como o amou a el. Sara deduce que esa carta lle debeu sentar moi mal ao tío Moncho. Sara e súa nai saben polas cartas, que ao tío Moncho lle gustaría volver á illa onde estivera preso, San Simón. Por iso deciden volver alí e buscar algo que o tío menciona nunha das súas cartas. Van e buscan por todos os lados. Cando xa case non tiñan esperanzas, a Sara ocórreselle mirar no muro do cemiterio que tanto lle gustaba a Moncho. Sacaron unha pedra que sobresaía un pouco, había un tobo. Sara logrou meter a man con dificultade e sacou unha caixiña de betume que contiña un anel de ouro cunha inscrición que poñía: Sara. O tío Moncho quería volver para entregarllo á súa moza, pero non fora posible. A súa nai decidiu que aquel anel agora era de Sara. Despois diso creo que o espírito logrou descansar en paz. OPINIÓN PERSOAL Este libro enganchoume ata o final, é precioso. Está cheo de misterio e tamén de romanticismo. Gustaríame que houbera unha segunda parte porque a mercaba nada máis saír. Recoméndollela a todo o mundo, pequenos e maiores. Mariña Lema Blanco (2º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario