terça-feira, 2 de maio de 2017

Recensión de A banda sen futuro de Marilar Aleixandre por Nuria Varela Rioboo (2º ESO)


Carlota é unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias en dous meses. Múdase a unha cidade nova, coa súa familia polo traballo de seu pai, e tamén empeza nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias e La banda sin futuro, ó que Carlota admiraba. A rapaza relaciona esta noticia coas demais cousas que lle pasan últimamente: sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan, son peores. Recorta afoto do xornal e cólgaa no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante convértese nos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupaciónse. O malestar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que enfrontarse aos seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais por obrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas dos seus compañeiros. Nos primeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén.
Séntese mal e tenlle medo ós demais e terror aos espellos. Hasta que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a gustarlle aínda que non queira recoñecelo, porque pensa que ningún rapaz se vai fixar nela. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle en si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2, lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que teñen cousas en común e que poden falar de temas como do futuro, que obsesiona a Carlota. En pouco tempo descobre que a súa única amiga, Paulina, está a saír con Miguel entonces sinte que morre. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, dándose de conta de que o problema do seu pelo non ten importancia e que ten que pasar máis tempo coa súa avoa. Por último Moncho pídelle saír e as cousas para Carlota cambian: ten a Moncho, xa pode deixar medrar o pelo e a súa avoa encóntrase mellor.
Penso que este libro che ensina que non tes que pensar só nos teus prexuízos si non que tamén no dos demais.


Sem comentários:

Enviar um comentário