quinta-feira, 11 de maio de 2017

GAÑADORES DOS CONTOS DE PRIMAVERA

Espíritu irmandiño

O meu nome é Roi Vítor de Romar Nantón, son labrego na parroquia de Cándoas e son servo do señor Rodrigo de Moscoso fillo do ínclito Rui Sánchez de Moscoso, señor de Altamira, Mens, Nemancos e Soneira, asasino de meu pai e poderoso cabaleiro á par que desprezable ser humano. Sempre ansiei vinganza con D. Rui, máis o Altísimo xa o levou deste mundo, queda todo o meu rancor para D. Rodrigo, actual señor do castelo de Vimianzo e sospeito que non hei ter que esperar moito para poder espetar a miña forcada na súa gorxa. A Santa Irmandade anda a argallar a Grande Guerra Irmandiña, esta noite ou a seguinte a máis tardar imos asaltar o castelo, non sei cantos de nós morreremos, o que si sei, pois así o soñei estas tres últimas noites e que serei eu quen axustice ao miserable Moscoso, quen poña fin ao latrocinio e aos constantes abusos aos que nos están a someter estes nobres inhumanos.
Prepárome para o asalto, visto a miña mellor roupa de liño procedente dos Batáns do Mosquetín, no camiño a Vimianzo paro a descansar en Borneiro, ao carón dunha grande mesa feita de inmensas antes, sempre me fixo graza ver as pedras pintadas por dentro. Atraveso dúas veces o rio Grande, chego por fin ao castro das Barreiras onde nos reunimos os da Santa Irmandade ao pouco de caer a noite.
Atacamos todos xuntos, dez dos meus compañeiros caen antes de atravesar o foso. Son dos primeiros en entrar, no patio dos artesáns estannos a esperar ducias de soldados. Temos moitas baixas pero vencemos. Adéntrome no castelo e con saña e brutalidade, da que non desexo falar, axustizo ao señor do castelo. Tivemos unha vitoria memorable. Estamos no século XV, tres días despois morro a consecuencia das feridas sufridas no asalto, cinco séculos despois o meu espíritu segue a vagar polo que vós chamades Costa da Morte.



                                                                       Miguel Blanco Mouzo 1ºESO

A Costa da Morte

Conta unha antiga lenda , non moi coñecida , que o nome da Costa da Morte non foi escollido ao azar.Todo comezou coa historia dun home no paro chamado Pedro. Este espertábase tódalas mañás ás  6 : 00 , nin un minuto máis nin un minuto menos , e só por unha razón , o diñeiro.  Pedro tiña que conseguir o suficiente coma para manterse a si mesmo e a tres persoas máis : os seus dous fillos e a súa muller.
Cada mañá enviaba o seu currículo coa esperanza de que lle ofreceran un traballo.  A rutina era sempre a mesma , día tras día , ata que no momento menos esperado todo cambiou . A Pedro ofrecéranlle unha gran cantidade de diñeiro , iso si , a cambio dun gran risco.  Poucos días despois ,  marchou . O traballo era sinxelo de comprender , trataba de coller a maior cantidade de percebes posibles e subir outra vez ao barco. El non era o único , o barco estaba cheo de percebeiros coñecidos , incluso había algún familiar que outro . Unha vez alí , preto da rocha , todos eles baixaron do barco e comezaron a traballar .         O mar estaba moi revolto , as olas rompían con todas as súas forzas , pero eles debían continuar .
Tras case dúas horas infernais , no momento menos esperado, apareceu da nada un trasatlántico . Este , abatido polas ondas , balanceábase dun lado ao outro coma se fose a volcar. Tódolos percebeiros subiron rápidamente ao barco , non quedou ningún atrás , pero xa era demasiado tarde . O capitán xa non tiña o control daquela máquina .  Impulsados polas ondas, ambos barcos foron destrozados contra as rochas . Non sobreviviu ninguén , case 250 persoas morreron no acto . Dende entón , chámase así , pois a partir  dese intre moitas persoas máis perderon a súa vida no intento de conseguir o tan pagado percebe.
                                                                                                              Laura  López  Souto  1º E.S.O


A lenda de Montebranco
Contan os vellos moi vellos que alá polos tempos de Mariacastaña nun lugar afastado, preto do fin da terra, dous reis veciños tiñan envexa un do outro. Os seus reinos bordeaban unha ría chea de sereas e golfiños, cunha gran illa no medio chea de fadas e druídas.
 Os reinos de Cabana e Ponteceso (que así eran os seus nomes) estaban enfrontados por esa illa. O rei de Cabana vivía nun fermoso castelo no máis alto da súa montaña chamada O Castelo de Canduas, dende alí ollaba a illa, vía aos seus súbditos e ría a gargalladas do rei de Ponteceso que dende a beira do seu río Anllóns só podía ver areas, areas e areas. O rei de Ponteceso cabreado con esta situación invocou aos sete ventos e aos deuses do seu territorio.
-         Eu rei de Ponteceso invócovos. Vinde na miña axuda. Dende o meu castelo non podo ver as miñas terras nin a miña xente. Só podo escoitar as gargalladas dese rei do Castelo.
Os tres deuses das súas terras acudiron á chamada: Neptuno(deus dos mares)prometeulle empurrar a area das súas praias e dos seus fondos cara a beira do seu territorio, Anllóns(deus do río) axudou a Neptuno para que a area chegara máis adentro aínda, e por último, Eolo(deus do vento)soprou, soprou e soprou… e unha pequena montaña de area foi facendo. Os tres deuses xuntos dixéronlle ao rei
-         Agora é a túa quenda trae aos teus súbditos plantade as voltas, enchédea de vida. As árbores e as plantas aguantaran dela, así terás a táa montaña onde poñer o teu castelo.
Así o fixeron e cal sería a súa sorpresa cando ao día seguinte ao erguerse da súa cama e ollar pola fiestra viu unha gran montaña branca coma a neve, chea de árbores e animais, na parte máis alta unha pequena chaira, perfecta para o seu castelo. O rei xa está contento, xa ollara as súas terras dende o alto do seu monte e xa vixiara as fadas e os druídas que están na ría e non lle darán ningún sobresalto. O seu veciño (o rei de Cabana) xa non se rirá del pois xa ten o seu monte e o seu castelo e xa se ollarán de fronte. Os súbditos puxéronlle o nome. Monte Branco así se chama e por Monte Branco o coñecemos.
                                                                          Elena Pose Núñez 1 ESO

Sem comentários:

Enviar um comentário