sábado, 8 de decembro de 2012

Nogard de Marilar Aleixandre

Celia coidaba todos os venres aos seus sobriños Ricardo e Paloma. Un día Celia contoulles un conto inventado titulado Nogard. Nogard era un dragón que facía todo o contrario dos outros dragóns. En vez de botar lume pola boca botaba auga e o seu nome era dragón ao revés. Os dragóns perderan a chave de onde estaba encerrado Setestrelo e sen el non poderían celebrar a gran festa dos dragóns. Unha noite, a Celia espertárona uns ratos e levárona por un burato na parede a Milmontes, onde vivía Nogard. Entre todos buscaron a chave en Trasnufre, onde vivía o papa-palabras, que era un dragón con tres pares de mans e que sempre comía a última palabra de cada frase. Para recuperala tiñan que xogar ao xogo das prendas. Gañaron eles, pero o papa-palabras non quería darlles a chave e atárono na cociña para ir buscala. Encontrouna Nogard. Saíron correndo pero coas presas, Celia espertou na súa cama coa chave na man. A noite seguinte, despois de loitar cos xoguetes dos seus sobriños que tamén querían a chave, foron a casa de Nogard e todos xuntos leváronlla ao rei. Como recompensa, o rei deu a Nogard a laranxa de ouro que fixo que en vez de auga botará lume. Gustoume moito este libro porque mantén a intriga de principio a fin. Irene Sánchez Suárez (1º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario