sábado, 8 de decembro de 2012
O diario violeta de Carlota
Carlota, animada polo xogo que lle propón a súa avoa, observa o mundo con gafas violetas e comproba como situacións cotiás que parecían incuestionables resultan inxustas e discriminatorias. ¿Quen inventou que, en asuntos amorosos, os rapaces teñan que tomar a iniciativa? ¿Por que a azul ten que ser a cor dos rapaces e a rosa, a das rapazas? ¿Por que é máis importante o aspecto físico das rapazas que o dos rapaces? Carlota descobre tamén o horror das cifras: o 70% dos pobres da Terra son mulleres... Vai descubrindo todas as desigualdades e o machismo e vainos escribindo no seu diario violeta.
O libro gustoume moito xa que é un libro moi entretido e fala sobre todas as desigualdades que hai no mundo entre homes e mulleres.
Belén Souto Martínez (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario