sábado, 8 de decembro de 2012
O misterio dos fillos de lúa de Fina Casalderrey
David é un neno de oito anos e hai pouco que veu para a aldea. Un día seu irmán Xocas trouxo unha gatiña que topou, para a casa, e a pesar de que a nai non quería gatos o final a gata quedou na casa.
David ten unha moza que se chama Branca, que lle axuda a buscar nome a gata a cambio de que lle deixe que sexa súa tamén, e acaban chamándolle Lúa.
Agora tratan de resolver un misterio. Lúa está a piques de ter crías, xa é a terceira vez, pero as outras dúas veces desaparecéronlle os gatiños.
Desta vez non están dispostos a que Lúa perda as súas crías e deciden poñer unha trampa para pillar o ladrón. Así que botan cola no chan do baixo onde está a gata, e déixano a escuras cerrando as persianas e rompendo as bombillas, pero é súa nai e mais eles os que quedan pegados o chan.
Outro día botan serraduras finas na entrada do cuberto por se alguén entra e deixa as súas pegadas. A mañá seguinte hai unhas pegadas e David e Branca compáranas cos zapatos dos veciños e atopan varios sospeitosos, pero non chegan a ningunha conclusión.
O día do parto achégase e deciden prepararlle en segredo unha cama para que Lúa poida ter as súas crías onde non corran perigo.
Un día Lúa non aparece e David e mais Branca van mirar á cama que lle prepararon, e atópana alí parindo. Cando Lúa botou o primeiro gatiño comezou a meterlle a boca, David asustouse pois pensou que o ía comer e foi buscar a súa nai, que acudiu cunha sacha e eles pensaron que ía matar a gata.
Pero súa nai cría que era outro animal o que estaba a comer o gatiño.
Ela xa coñecía o misterio dos fillos de Lúa, fora o can dos antigos donos da Botica quen llos matara e como non os quixeran entristecer, o pai de David enterraraos na eira.
Lúa o único que estaba a facer era limpar e acariñar os seus catro filliños.
Opinión persoal: Gustoume moito, porque a historia está contada dunha maneira moi peculiar e simpática.
Diego Moreira (1º ESO)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario