venres, 25 de xaneiro de 2019

Recensión de Ollos de auga de Domingo Villar por Sergio Villar (4º ESO B)

Este conto comeza coa aparición dun saxofonista morto nun hotel de luxo na illa de Toralla, en Vigo, ao cal encargan a Leo Caldas (inspector da comisaría de Vigo) e a Rafael Estevez (o axudante de Leo Caldas, destinado a Galicia dende Aragón) a súa investigación. A trama desenvólvese en torno á costa viguesa, aos clubs nocturnos da zona e en unha das casas dunha familia moi adiñeirada do lugar. A historia relátase cun ton de retranca e humor negro, pero tamén cun matiz macabro e diabólico que se converte na guinda do pastel para os que lles gusta a novela negra. No penúltimo capítulo a historia tórnase totalmente de bando outorgándolle un factor sorpresa moi bo á obra.
Como opinión persoal, gustoume moito como está escrita de forma que se comprende moi ben a intención que o autor quere transmitir e tamén a forma de escribila dándolle un xiro aos acontecementos que me gustou moito. Gústanme as novelas nas que hai que deducir quen é o asasino, e que non sexa quen de verdade esperas, fai que a obra guste moito máis e que cando a finalices quedes con unha sensación diferente no corpo.


Como sentir morriña cun pensamento, Sara Caamaño (4º ESO B)

No seguinte texto veñen unhas indicacións para botar en falta a algo ou alguén. Estas pautas abranguen dende sentir morriña dun lugar ou persoa ata un momento concreto. Debe poñerse cómodo/a e intentar empatizar coas situacións. Tamén pode volver a vista nuns anos atrás, para revivir momentos felices na mente, como a infancia.
En primeiro lugar, debe acomodarse nun lugar que coñeza, preferentemente se hai un bonito recordo nel ou unha fermosa paisaxe. O ambiente tamén debe estar calmado e o barullo debe ser mínimo. Se do seu maxín saiu un recordo atribuído a un obxecto, servirá de axuda, aínda que un álbum de fotografías sería o mellor para este momento.
A continuación, busque a tranquilidade que se nomeou no paso anterior e empece a recordar imaxes de aquel día. Un día sentado/a ao lado de teu avó no banco do parque antes de que o cancro consumise a súa vida. Unha xuntanza de varios amigos pasándoo ben, cun sorriso na cara de cada un, ou simplemente un día no que te sentiches ben contigo mesmo/a.
Porque en definitiva, a morriña créase coa túa felicidade e a da xente que te rodea.
Debería repetir estes pasos mínimo tres veces ao mes, para unha vida máis saudable por dentro e máis feliz dende unha perspectiva exterior.
Grazas polo seu tempo e moita sorte.

Instrucións para comer un chicle na clase, Brais Martínez Lema (4º ESO B)

Como todo o mundo sabe, os chicles son algo que os profesores non soportan nas clases. Sempre que un compañeiro ten un chicle na boca, e o profesor se decata, réñelle e obrígalle a tiralo. Agora vou dar unha serie de consellos para poder comer un chicle na clase sen que ninguén se decate. Isto só é para a xente á que lle gusta vivir ao límite.
  1. O primeiro que se debe facer, entrar na clase, sentarse e esperar uns cinco minutos para poder comer o chicle. Nos primeiros minutos, o profesor, soe visualizar que non falte ninguén, e pódeche ver o chicle.
       Despois de que pasen cinco minutos, xa podes abrir ás agachadas o teu chicle e comelo.
  1. Xa co chicle na boca, comeza a aventura. Hai que estar atento, xa que cada vez que o profesor te mire, debes ter reflexos de lince, e apartar rapidamente o chicle cara un lado da boca e non mastigar.
  2. Un consello é nunca manter contacto visual co profesor, máis que nada para que non che vexa o chicle, pero tamén para que non che toque ler. Se por casualidade es desas persoas que son odiadas pola sorte, e che toca ler, debes estar rápido. Tes dúas opcións:
  • Se tes moita práctica, podes apartar o chicle cara un lado da boca, ler tranquilamente, e cando acabes continuar mascando.
  • Se iso non se che dá moi ben, debes estra lixeiro, coller un pano do peto, e facendo o amago de soar os mocos gardar o chicle, e tiralo no lixo despois.
Se te cachan nalgúns dos pasos, ou che toca ler e tes que usar un pano, debes aceptar a derrota, e ter sempre un chicle de reposto para a seguinte clase volver intentalo.


INSTRUCIÓNS PARA SER GALEG@ DE VERDADE, Sarai Pose Fariña (4º ESO B)

Ola? Hai alguén por aí? Vexo que non vas parar de ler este texto, polo que quere dicir que aínda queda alguén coma min. Alguén que entende esta fala tan estraña. O GALEGO. Preguntaraste a que vén todo isto. Pois estás a punto de comezar a ler as instrucións que te ensinarán a ser un galeguiño ou galeguiña, como din os vellos, “como Dios manda”.

Seguro que xa o estás imaxinando, e o primeiriño de todo (evidentemente) é falar galego. Probablemente, penses que o galego é lingua de aldeas e vellos (a non ser que sexas mozo e vivas na aldea/vila). Pero non. Os galegos (falantes) temos a riqueza de poder falar nunha lingua, coa cal, fóra de Galicia non nos entenden. (Aínda que moitas veces sen ser fóra de Galicia, patético verdade?)

De seguido, deberás ser un bo lambón, ao cal lle gustan as filloas e ao cal, cando lle preguntes aos avós o que farán de comer e estes che digan que haberá un caldiño ou un cocido de grelos, as pupilas dos ollos dilataránseche como cando vas ao oculista e este che verte esas gotas que tanto pican.

Se nunca celebraches o magosto asando castañas nunha lareira de pedra ou nunha cociña de ferro; se ningún vello che preguntou a típica frase de: “E ti, de quen vés sendo?”; se de toda a vida celebraches o Samaín, e non o Halloween; se nunca comiches pementos de Padrón e cantaches vitoria antes de que deses o segundo bocado, e que realmente si que picase (e como pican os condenados); se nunca probaches os bois/zamburiñas/percebes/nécoras/vieiras/centolas/o polbo á feira/ etc, non te consideres un bo galego.

Parte dos puntos anteriores eran maioritariamente sobre comida, curioso verdade? Éche o que hai. É tan só cousas de ghalleghos.

SARAI POSE FARIÑA 4º B

domingo, 2 de decembro de 2018

Escarlatina e a cociñeira defunta de Ledicia Costas por Lara Amado Pose (2º ESO)

Román Casas é un neno moi traveso, ao principio do libro aparece metendo a Dodoto, o seu gato de cor negra na lavadora!

O que el non sabe é que con tan só dez anos, vivirá a mellor experiencia da súa vida... explícovos dende o principio:

Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Unha vez subidos ao Mortobus, emprenden camiño á maior aventura....Unha vez no Alén, para el todo era distinto, non entendía nada, pero ao lado de Escarlatina sabía que estaba seguro. De súpeto, apareceu Amanito o gobernador malvado do Alén e os seus esbirros os cales tiñan a boca cosida, e ao chegar a xunta Amanito quedou asombrado. Era un bicho moi raro e gordo todo cheo de granos e espinillas, un ser demasiado estraño. El estaba moi asustado, sen saber como reaccionar.
A chegada de Escarlatina para salvar a Román daquel bicho volveuse complicado, entón decidiron facer un trato: Se Escarlatina e Román conseguían crear un prato que lle gustara a vivos e mortos, Román podería  quedarse. Unha vez aceptado o reto, Escarlatina conduciu a Román ata a súa gorida, e despois de esforzo e de pensar que farían... apareceu pola porta o avó de Román, ao cal este botaba un montón de menos, xa que os abandonara había uns anos.

Primeiro quedoulle mirando pero en canto falou, recoñeceu a voz como se a escoitara todos os días, Román abrazouno moi moi forte e ata algunha lágrima lle chegou a caer.
O avó contoulle que tiña unha avioneta vella e que lle gustaría ensinarlla. Tamén lle contou se quería vir nunha carreira contra Amanito, que sería moi divertido. Quedou pensativo pero aceptou finalmente, mentres, segurían preparando o exquisito prato de vivos e mortos.
Logo de moito tempo, chegou o día, nunha mesa, estaban 3 vivos e 3 mortos, listos para degustar. Todo con éxito, gustoulle moito a todos, e entón Román foi correndo xunta ao avó, para poder comezar a carreira.
Preoparados, listos...XA, comeza a carreira e o avó písalle moi forte, ao igual que Amanito, logo de moitos obstáculos e dificultades, chegou a meta final, Amanito, despistouse un momento e PUMBA, caíu contra un barranco e xamais se volveu saber del.
  
E aquí remata a historia, con final feliz.

O libro é marabilloso, recoméndovolo un montón se vos queredes entreter un anaco, súper ben explicado e súper ben redactado, Román e Escarlatina son verdadeiros amigos. Dodoto e Lady Horreur mais o avó tamen son súper guais. Recoméndoo moito!!

xoves, 8 de novembro de 2018

Medicina química ou natural, Andrea Lema Cotelo (3º ESO)

A medicina (do latín medicina, derivado á súa vez de mederi, que significa 'curar', ' medicar') é a ciencia dedicada ao estudo da vida, a saúde, as enfermidades e a morte do ser humano. A medicina forma parte das denominadas ciencias da saúde.
Existen dous tipos: a medicina natural e a química.
A natural foi moi utilizada fai tempo. Algúns científicos dedicaron a súa vida a estudar e observar o funcionamento do noso organismo, e así aprender a defendernos contra as enfermidades. Ás veces non somos conscientes do que nos pode achegar e dos beneficios, e preferimos utilizar a química, pero a natural, polo xeral, é máis sa e ten un maior efecto. Maioritariamente cando nos falan desta medicina pensamos en plantas.
A química encárgase de estudar a orgánica tradicional e o seu desenvolvemento, e extrae as substancias naturais que poderían servir para elaborar outros medicamentos, compostos de materias químicos fabricados no laboratorio.

Nace un campión de Ursula Heinze, recensión de Lidia Collazo Álvarez (2º ESO)

Este conto trata dun neno que se chama Andi. A el dábaselle moi mal a educación física e todo iso. Todos os rapaces se rían del porque non aprobaba esa materia que para todos resultaba fácil, menos para Andi. Un día chegoulle a casa un rapaz chamado Pablo, que ía na súa clase, pouco a pouco eles fóronse facendo amigos polo conto de que Andi lle axudaría cos deberes do colexio e Pablo en Educación Física. Sempre quedaban para adestrar, pero un día Andi tardou moito en chegar a casa e a súa avoa preoucupouse moito, porque o seu neto non sabía nadar e ela escoitara algo de ir á piscina, buscara como tola ela e mais o irmán de Andi, Tomás, e ao final atóparono. Ao chegar á casa a súa avoa faloulle sobre o tema da natación e díxolle que lle ensinaría a nadar, xa que ela nos seus tempos fora nadadora profesional e tiña os seus trucos.
Un día ás 7 da maña a súa avoa espertou a Andi e a seu irmán, e díxolle que ían á piscina antes do colexio. A avoa meteu o neto na auga e soltouno, o rapaz empezou a patexar e conseguiu nadar, estaba sorprendido, pero non era o del, tiña a sensación de que só fora unha casualidade e que el non sabía nadar aínda.
Ao día siguinte en Educación Física os seus amigos estaban a falar de apuntarse a un concurso de natación e tiña que ir toda a clase, entón empezaron a adestrar el e súa avoa todos os días que podían e ían co seu amigo Pablo no ximnasio.
O día da competición todos estaban sorprendidos porque Andi presentarase e o colexio quedara nun posto bastante bo. Despois de tanto estar nadando Andi colleulle o gusto e xunto co seu amigo Pablo empezáronse a presentar en concursos de natación, uns a nivel mundial e outros non tan grandes, pero Andi estaba decidido de que despois de tanto tempo dedicado á natación, quería ser un bo nadador, deixou os estudos apartados a un lado e quixo seguir a súa carreira como nadador, xa que como a súa avoa tamén se dedicara a iso nos seus tempos de moza e a el tamén lle gustaría.