Ola?
Hai alguén por aí? Vexo que non vas parar de ler este texto, polo
que quere dicir que aínda queda alguén coma min. Alguén que
entende esta fala tan estraña. O GALEGO. Preguntaraste a que vén
todo isto. Pois estás a punto de comezar a ler as instrucións que te ensinarán a ser un galeguiño ou galeguiña, como din os
vellos, “como Dios manda”.
Seguro
que xa o estás imaxinando, e o primeiriño de todo (evidentemente) é
falar galego. Probablemente, penses que o galego é lingua de aldeas
e vellos (a non ser que sexas mozo e vivas na aldea/vila). Pero non.
Os galegos (falantes) temos a riqueza de poder falar nunha lingua,
coa cal, fóra de Galicia non nos entenden. (Aínda que moitas veces
sen ser fóra de Galicia, patético verdade?)
De seguido, deberás ser un bo lambón, ao cal lle
gustan as filloas e ao cal, cando lle preguntes aos avós o que farán
de comer e estes che digan que haberá un caldiño ou un cocido de
grelos, as pupilas dos ollos dilataránseche como cando vas ao
oculista e este che verte esas gotas que tanto pican.
Se
nunca celebraches o magosto asando castañas nunha lareira de pedra
ou nunha cociña de ferro; se ningún vello che preguntou a típica
frase de: “E ti, de quen vés sendo?”;
se de toda a vida celebraches o Samaín, e non o Halloween; se nunca
comiches pementos de Padrón e cantaches vitoria antes de que deses o
segundo bocado, e que realmente si que picase (e como pican os
condenados); se nunca probaches os
bois/zamburiñas/percebes/nécoras/vieiras/centolas/o polbo á feira/
etc, non te consideres un bo galego.
Parte
dos puntos anteriores eran maioritariamente sobre comida, curioso
verdade? Éche o que hai. É tan só cousas de ghalleghos.
SARAI
POSE FARIÑA 4º B
Ningún comentario:
Publicar un comentario