Este
conto trata dun neno que se chama Andi. A el dábaselle moi mal a
educación física e todo iso. Todos os rapaces se rían
del porque non aprobaba esa materia que para todos resultaba fácil,
menos para Andi. Un día chegoulle a casa un rapaz chamado Pablo, que
ía na súa clase, pouco a pouco eles fóronse facendo amigos polo
conto de que Andi lle axudaría cos deberes do colexio e Pablo en
Educación Física. Sempre quedaban para adestrar, pero un día Andi
tardou moito en chegar a casa e a súa avoa preoucupouse moito,
porque o seu neto non sabía nadar e ela escoitara algo de ir á
piscina, buscara como tola ela e mais o irmán de Andi, Tomás, e ao
final atóparono. Ao chegar á casa a súa avoa faloulle sobre o tema
da natación e díxolle que lle ensinaría a nadar, xa que ela nos seus
tempos fora nadadora profesional e tiña os seus trucos.
Un
día ás 7 da maña a súa avoa espertou a Andi e a seu irmán, e
díxolle que ían á piscina antes do colexio. A avoa meteu o neto na
auga e soltouno, o rapaz empezou a patexar e conseguiu nadar, estaba
sorprendido, pero non era o del, tiña a sensación de que só fora
unha casualidade e que el non sabía nadar aínda.
Ao
día siguinte en Educación Física os seus amigos estaban a falar de
apuntarse a un concurso de natación e tiña que ir toda a clase,
entón empezaron a adestrar el e súa avoa todos os días que podían e ían
co seu amigo Pablo no ximnasio.
O
día da competición todos estaban sorprendidos porque Andi
presentarase e o colexio quedara nun posto bastante bo. Despois de
tanto estar nadando Andi colleulle o gusto e xunto co seu amigo Pablo
empezáronse a presentar en concursos de natación, uns a nivel
mundial e outros non tan grandes, pero Andi estaba decidido de que
despois de tanto tempo dedicado á natación, quería ser un bo
nadador, deixou os estudos apartados a un lado e quixo seguir a súa
carreira como nadador, xa que como a súa avoa tamén se dedicara a
iso nos seus tempos de moza e a el tamén lle gustaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario