Este conto comeza coa aparición dun saxofonista morto nun hotel de
luxo na illa de Toralla, en Vigo, ao cal encargan a Leo Caldas
(inspector da comisaría de Vigo) e a Rafael Estevez (o axudante de
Leo Caldas, destinado a Galicia dende Aragón) a súa investigación.
A trama desenvólvese en torno á costa viguesa, aos clubs nocturnos
da zona e en unha das casas dunha familia moi adiñeirada do lugar. A
historia relátase cun ton de retranca e humor negro, pero tamén cun
matiz macabro e diabólico que se converte na guinda do pastel para
os que lles gusta a novela negra. No penúltimo capítulo a historia
tórnase totalmente de bando outorgándolle un factor sorpresa moi bo
á obra.
Como opinión persoal, gustoume moito como está escrita de forma que
se comprende moi ben a intención que o autor quere transmitir e
tamén a forma de escribila dándolle un xiro aos acontecementos que
me gustou moito. Gústanme as novelas nas que hai que deducir quen é
o asasino, e que non sexa quen de verdade esperas, fai que a obra
guste moito máis e que cando a finalices quedes con unha sensación
diferente no corpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario