No
seguinte texto veñen unhas indicacións para botar en falta a algo
ou alguén. Estas pautas abranguen dende sentir morriña dun lugar ou
persoa ata un momento concreto. Debe poñerse cómodo/a e intentar
empatizar coas situacións. Tamén pode volver a vista nuns anos
atrás, para revivir momentos felices na mente, como a infancia.
En
primeiro lugar, debe acomodarse nun lugar que coñeza,
preferentemente se hai un bonito recordo nel ou unha fermosa paisaxe.
O ambiente tamén debe estar calmado e o barullo debe ser mínimo. Se
do seu maxín saiu un recordo atribuído a un obxecto, servirá de
axuda, aínda que un álbum de fotografías sería o mellor para este
momento.
A
continuación, busque a tranquilidade que se nomeou no paso
anterior e empece a recordar imaxes de aquel día. Un día sentado/a
ao lado de teu avó no banco do parque antes de que o cancro
consumise a súa vida. Unha xuntanza de varios amigos pasándoo ben,
cun sorriso na cara de cada un, ou simplemente un día no que te
sentiches ben contigo mesmo/a.
Porque
en definitiva, a morriña créase coa túa felicidade e a da xente
que te rodea.
Debería
repetir estes pasos mínimo tres veces ao mes, para unha vida máis
saudable por dentro e máis feliz dende unha perspectiva exterior.
Grazas
polo seu tempo e moita sorte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario