Román Casas é un neno moi traveso, ao principio do libro aparece metendo a Dodoto, o seu gato de cor negra na lavadora!
O que el non sabe é que con tan só dez anos, vivirá a mellor experiencia da súa vida... explícovos dende o principio:
Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.

Unha vez subidos ao Mortobus, emprenden
camiño á maior aventura....Unha vez no Alén, para el todo era
distinto, non entendía nada, pero ao lado de Escarlatina sabía que estaba
seguro. De súpeto, apareceu Amanito o gobernador malvado do Alén e os
seus esbirros os cales tiñan a boca cosida, e ao chegar a xunta Amanito
quedou asombrado. Era un bicho moi raro e gordo todo cheo de granos e
espinillas, un ser demasiado estraño. El estaba moi asustado, sen saber
como reaccionar.
A chegada de Escarlatina para salvar a
Román daquel bicho volveuse complicado, entón decidiron facer un trato:
Se Escarlatina e Román conseguían crear un prato que lle gustara a
vivos e mortos, Román podería quedarse. Unha vez aceptado o
reto, Escarlatina conduciu a Román ata a súa gorida, e despois de esforzo
e de pensar que farían... apareceu pola porta o avó de Román, ao cal
este botaba un montón de menos, xa que os abandonara había uns anos.
Primeiro
quedoulle mirando pero en canto falou, recoñeceu a voz como se a
escoitara todos os días, Román abrazouno moi moi forte e ata algunha
lágrima lle chegou a caer.
O
avó contoulle que tiña
unha avioneta vella e que lle gustaría ensinarlla. Tamén lle contou se
quería vir nunha carreira contra Amanito, que sería moi divertido.
Quedou pensativo pero aceptou finalmente, mentres, segurían preparando o
exquisito prato de vivos e mortos.
Logo
de moito tempo, chegou o día, nunha mesa, estaban 3 vivos e 3
mortos, listos para degustar. Todo con éxito, gustoulle moito a todos, e
entón Román foi correndo xunta ao avó, para poder comezar a carreira.
Preoparados, listos...XA,
comeza a carreira e o avó písalle moi forte, ao igual que Amanito, logo
de moitos obstáculos e dificultades, chegou a meta final, Amanito,
despistouse un momento e PUMBA, caíu contra un barranco e xamais se
volveu saber del.
E aquí remata a historia, con final feliz.
O libro é marabilloso, recoméndovolo un montón se vos queredes entreter
un anaco, súper ben explicado e súper ben redactado, Román e Escarlatina
son verdadeiros amigos. Dodoto e Lady Horreur mais o avó tamen son
súper guais. Recoméndoo moito!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario