Como
todo o mundo sabe, os chicles son algo que os profesores non soportan
nas clases. Sempre que un compañeiro ten un chicle na boca, e o
profesor se decata, réñelle e obrígalle a tiralo. Agora vou dar
unha serie de consellos para poder comer un chicle na clase sen que
ninguén se decate. Isto só é para a xente á que lle gusta vivir
ao límite.
-
O primeiro que se debe facer, entrar na clase, sentarse e esperar uns cinco minutos para poder comer o chicle. Nos primeiros minutos, o profesor, soe visualizar que non falte ninguén, e pódeche ver o chicle.
-
Xa co chicle na boca, comeza a aventura. Hai que estar atento, xa que cada vez que o profesor te mire, debes ter reflexos de lince, e apartar rapidamente o chicle cara un lado da boca e non mastigar.
-
Un consello é nunca manter contacto visual co profesor, máis que nada para que non che vexa o chicle, pero tamén para que non che toque ler. Se por casualidade es desas persoas que son odiadas pola sorte, e che toca ler, debes estar rápido. Tes dúas opcións:
-
Se tes moita práctica, podes apartar o chicle cara un lado da boca, ler tranquilamente, e cando acabes continuar mascando.
-
Se iso non se che dá moi ben, debes estra lixeiro, coller un pano do peto, e facendo o amago de soar os mocos gardar o chicle, e tiralo no lixo despois.
Se
te cachan nalgúns dos pasos, ou che toca ler e tes que usar un pano,
debes aceptar a derrota, e ter sempre un chicle de reposto para a
seguinte clase volver intentalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario