O
día 2 de decembro os alumnos e alumnas de 2º da ESO fomos de excursión á Coruña. Ao chegar á escola Ana Nantón, Irene e
eu fomos axudar a mestra de Lingua Galega a recoller os libros da
biblioteca Ágora. A mestra de galego, Ana, aínda non chegara e
quedamos as tres soas co carriño onde ían todos os libros, eu,
para saber o que pesaba collino arrastreino uns centímetros e deille
para atrás para pousalo onde estaba, pero as rodas, de repente saíron do
sitio e eu pedinlle axuda a Ana Nantón, que se estaba rindo, e non puiden
arreglalas e romperon máis aínda. Aí vai o carriño da nai da mestra!
No
bus fomos falando todo o camiño, Ana, Irene, Iria e eu. Ao chegarmos
a onde tiñamos que baixar, collemos os libros, xa que o carrito non
andaba. Unha rapaza dominicana empezou a berrar e
preguntounos de onde viñamos, e dicía que a seguiramos en
Instagram e preguntounos de onde eramos e se falabamos con gheada porque lle encantaba. Percorremos unhas estradas bastante transitadas e por fin
chegamos ao Ágora, a mestra foi adentro e nós quedamos con Galicia
e con Nico xogando.
Cando
entramos atendéronnos Nelson e Nati, explicáronnos a distribución e
os horarios. Devolvemos todos os libros e deixáronnos coller libros e
cds coa música que nos gusta. Saímos do Ágora e puxémonos a andar e paramos nunha tenda de comics (Kikomic) onde se vendían todo tipo de cousas que tiveran que ver cos comics. Compramos algún comic e marchamos. Despois andamos polas rúas do Agra e entramos nunha tenda senegalesa, Yarama África e compramos cacahuetes sen torrar. Tamén fomos a unha editora de comics, Demo Editorial, e explicáronnos os procesos de creación dos cómics. Andamos ata onde nos recollía o bus, pero antes diso pasamos por un parque ou algo similar, que era todo céspede e un señor e unha señora díxonos como era iso antes de ser así. Chegamos á parada dez minutos tarde, polo menos, pero o bus aínda non chegara. Fun todo o camiño moi cansada. Gustoume moito, A Coruña é mais ca o Marineda e o hospital.
Noelia Alejandro Soneira (2º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario