O
mércores 2 de decembro os alumnos de 2º e 3º da ESO fomos á Coruña. Os de 3º foron ao Museo de Belas Artes e mentres nós, con Galicia e con Ana, a mestra de Galego, fomos visitar o barrio dos Mariñeiros e da Agra do Orzán.
Fomos á biblioteca do Ágora. Alí Nelson e Natalia explicáronnos moitas cousas. Na biblioteca do Ágora había unha sala para os nenos pequenos, outra sala para os de seis a dez anos. Tamén había ordenadores, comics, cds de música, pelis e ata plays3.
Despois fomos a unha tenda de comics que se chama Kikomic. O dono tiña un can moi bonito, alí había comics moi chulos de heroes, e camisetas chulísimas..
Tamén fomos a unha tenda que era unha ONG, Yarama África, que vendía alimentos e produtos de África. Había zumes, cacahuetes, caramelos, té, manzanilla, crema, aneis, bolsos, mochilas...Estaban moi ricos os cacahuetes e os caramelos.
Tamén fomos a un estudio onde facían comics, Demo Editorial, e estivéronnos ensinando moitas cousas. Falou con nós Manuel Cráneo que nos explicou como deseñaba os seus cómics e debuxos.
Despois vimos a biblioteca da Sagrada Familia onde antigamente Ana
Isabel estudaba e pasamos por onde hai anos o noso titor e profesor de Música, Javier, ensaiaba co seu grupo de música e despois entramos nunha tenda de
instrumentos que eran chulísimos. Andamos moito pero valeu a pena
para aprender tanto. Espero ir máis veces.
ANA
NANTÓN CASTRO 2ºESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario