sábado, 27 de febreiro de 2016

Empoderando as mulleres na África

Catro mulleres partiron onte do aeroporto de Santiago con destino á Kenya, en África. Despois da longa viaxen en avión, desprazaranse durante catro horas ata ó interior do pais, a unha pequena aldea rural que non supera os mil habitantes, e onde dará comezo a súa “ruta pola igualdade”.

As catro voluntarias son estudantes da universidade de Santiago,aínda que non todas elas son galegas. Parten coa misión de mellorar a situación das mulleres na África rural, ensinándolles que por ser muller non son menos importantes.

Tamén realizarán algunhas charlas con homes, para de algunha maneira, ensinarlles o importante rol da muller na súa sociedade (e en todas as demais). A súa travesía levaraas tamén a recoller testemuño de mulleres anónimas que sufriron maltratos ou violacións. Será un labor difícil, xa que a violencia doméstica e a sumisión da muller perante o seu esposo, fan destes casos un tema tabú que todos tratan de esquivar, tratando a esas mulleres, as poucas que se atreven a falar no medio do silencio, como unhas apestadas da sociedade.

Peros estas catro mozas, son para elas as mensaxeiras da igualdade, a voz que lles ensinará os seus dereitos como cidadás a estas mulleres que levan ás costas o peso dunha sociedade desigual. Son ademais a voz de todas aquelas que foron silenciadas derramando o seu sangue.

Esperemos que a súa viaxe dea un gran froito nas hortas destes agricultores africanos, e que tamén nos noso corazóns, avive a ilusión de que unha sociedade igualitaria é posible coa forza de vontade de heroes anónimos, coma estas catro mozas que conmoven o corazón do chamado Primeiro Mundo.

Lucía Gagino (4º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario