sábado, 27 de febreiro de 2016

Debemos comprometernos na pervivencia do galego, por Laura García Eiroa (3º ESO)

Outro gran problema que sufrimos, tan só os galegos, é a perda do noso idioma. Nas cidades estase perdendo o uso do galego, e é algo que non debemos permitir. O noso deber como galegos é falar galego ao igual que os cataláns falan catalán ou os vascos falan vasco. Con isto non se quere dicir que só falemos galego, por suposto tamén temos que saber falar o castelán xa que non só é útil en España, senón que nos permite comunicarnos cos países latinoamericanos. Ao igual que nós sabemos castelán, o resto do país debería saber falar un mínimo de galego, e ata entendelo, porque é bastante parecido ao español. Por falar castelán un non é máis listo, un non é máis fino, un non é mellor. As linguas son igualitarias, e todos debemos falar o idioma que nos pete. Por iso, como galegos, debemos estar orgullosos da nosa lingua, xa que somos únicos e debemos apoiar xuntos a conserva do galego. Un instituto galego fixo un lipdub moi ben traballado ao que titularon “galegando”, no que defenderon o galego. Nós, xuntos, podemos salvar o galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario