Na
actualidade a muller está pouco valorada, hai moitos casos de
maltrato; se nun traballo, facendo o mesmo, hai un home e unha
muller, pode que o home gañe máis que a muller... Isto é debido a
que, dende o principio da historia, a muller sempre foi inferior ao
home, hai uns anos pensábase que a muller non servía máis que para
ter fillos e coidalos ata que fosen maiores. Aínda que pouco a pouco
isto foi cambiando ao longo dos anos, aínda hoxe en día danse casos
de violencia machista nos que segue morrendo xente, polo que temos
que seguir loitando até chegar a que a muller sexa tan importante
coma o home na sociedade.
Hai casos nos que o machismo acostuma a ser inculcado na casa.Tamén
hai casos de maltrato que non se denuncian por medo, e aquela pequena
porcentaxe que se denuncia non ten castigo instantáneo, e, se o ten
pouco castigo lles acarrexa.
Sheila
Fariña Amado 3ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario