mércores, 26 de setembro de 2012

A Rolda

A miña avoa contoume unha lenda que fala de que antigamente cando súa nai e as veciñas ían ao muíño de noite moer o millo para facer a broa vían uns espíritos. Durante unhas noites, vían uns espíritos que ían con luces e pasaban ao lado da xente e non lle falaban. Elas colleron moito medo e fuxiron correndo. Elas contárono na aldea pero xa outras persoas xa o viran tamén e dicían que era a Rolda ou a Santa Compaña. Os maiores da aldea dicían que eran espíritos que viñan do purgatorio para pedir unha misa para saír del. Despois de lle facer a misa, desaparecían. Pero miña avoa di que como daquela había tanta fame, que a xente vía espíritos e luces por todos lados. Ana Cancela Mato (3º ESO)

A lenda da furna dos Bolos

Entre a praia A Area das Vacas e a de Rebordelo está a Furna dos Bolos, unha cova que, segundo di a lenda, está ocupada por uns ananos chamados “os encantos”. Esta furna vai dende o mar ata un mosteiro de San Pedro, hoxe desaparecido, onde habitaban uns monxes da orde de San Bieito. Segundo estes monxes, os encantos ían tentalos. E segundo os “encantos” eran eles os que fuxían dos diaños. Os que quixeron adentrarse na furna, en busca dos “encantos”, non foron quen de velos, xa que ao chegar a un certo punto, apagábaselle a candea ou candil que levaban, e isto obrigábaos a volver atrás. Martiño Rivera (3º ESO)

A Santa Compaña en Sinde

A miña bisavoa contáballe a miña nai una lenda moi antiga e que súa avoa lle contara a ela; nas noites de inverno alá polo mes dos defuntos, os anciáns dicían que se podía oír e nalgunhas ocasións, incluso ver unha chea de luces no monte da capela de Sinde. Se o vento se dirixía cara Canduas podíase oír o son dunha campaíña,os anciáns dicían que anunciaba a morte dun ser querido para aqueles que oíran a campaíña, ou para algún dos que víran o ringleiro de luces que acompañaba o son da campaíña. Estas luces eran candeas que levaban ás ánimas dos mortos en pena e que acompañaban a una persoa víva que se atopaba con eles, e que levaba esta campaíña ata a hora da súa norte. A xente que oía, ou vía as luces comezaba a rezar para limpar ás súas almas por se eran eles os escollidos para a procesión dos defuntos ou por outra banda se lles chegara a hora da súa morte. Adrián Pose (3º ESO)

mércores, 13 de xuño de 2012

O club da calceta de María Reimóndez

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha levada polos seus problemas, únense a un club de calceta, onde se fan grandes amigas e atopan solución aos seus problemas, rematando por fundaren empresas propias co apoio das demais, xa fose en cooperativas ou en solitario.
Pero, misteriosamente, morren os homes que lles causaban problemas, e xcase todo leva a pensar que elas os asasinaron.

Matilde, que sempre tivo problemas debido ao seu tamaño, máis grande do normal, monta a súa tenda de lás, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia, asasinada tras vingar a violación dunha amiga.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo, Damián, así como á súa labor feminista. Posto que queda sen casa vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación económica feminina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, unha loira de corpo dez cuxo mozo a “engana” coa súa xefa (non se pode dicir realmente que a engane, pois cóntallo con toda naturalidade esperando que non lle importe), fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que lles axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle dan unha tunda porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca independízase e namórase de Laura, que era a asistenta social que lle axudou a Luz.

Elvira, xa maior, é unha beata de santa Marta e san Antón. Xunto coa súa amiga Antonia, que tivera que abortar dun fillo do párroco, Serafín, rouba a Virxe da Igrexa para evitar que a vendan, e non a devolven ata que Serafín está morto e se aseguran de que non se volverá intentar a venda.

Fernanda, a quen lle falta unha perna pero lle sobra apoio do seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobús.

Entre outros morren o pai Serafín; Xosé Barroso, o entrevistador de ofertas de traballo que desprezara a Rebeca só por ser unha loira guapa; o condutor de autobús que detiña o vehículo lonxe da parada para que tivera que ir ata onde el parara; etc.


Paréceme unha gran obra, encántame cada unha das persoaxes: a triste vida de Luz, a loita de Fernanda, o rexeitamento dos prexuizos de Rebeca, a disposición a axudar de Elvira... Porén, paréceme moi esáxerada, dando por feito que fose así, pois non o aclaran.

Laura García Devesa (4º ESO)

A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre

Paréceme un libro que trata realidades que a xente non quere ver por medo ou por vergoña. Parece un libro autenticamante bo, xa que narra feitos aos que non se lles fai caso.

Dúas rapazas, Lupe e mais Sofía son agredidas sexualmente despois dunha festa de disfraces da escola. Foron no coche duns rapaces descoñecidos que se ofreceron a levalas e no medio do monte foron violadas por estes.
Tras somenterse a innumerables probas e poñer a denuncia a vida destas rapazas xa non era a mesma. Na escola todo cambiara xa as miraban con caras diferente, eran o suxeito de moitas burlas de moitos alumnos.
Estas rapazas a pesar de que o mundo se lles viña encima conseguiron saír a diante as dúas soas. Tras os xuízos que sentenciarán que os agresores eran inocentes aínda se burbalan máis delas, dicían que a culpa era delas por levar unas saias tan curtas.
A pesar disto Lupe consegue namorarse dun compañeiro da clase que nunca a abandonou e Sofía namórase dun aprendiz en prácticas de medicina. Ás dúas lles vai bastante ben despois de todo.
Foi un curso moi difícil para elas xa que era moita presión, moitos insultos por algo que crían que non merecían xa que a culpa non era delas.

Jennifer Pailos Novo (4º ESO)

Mecanoscrito da segunda orixe

Esta novela gustoume moito, xa que é unha novela de ciencia-ficción, onde se mestura o misterio e a aventura, que describe as vivencias de Alba e Dídac despois da catástrofe de forma moi sentimental. Ademáis é unha lectura moi interesante porque trata dun novo orixe da Terra, que canto máis avanza a historia, máis crece a intriga do qué pasará.
O autor escribe maioritariamente con descrición, co que é moi fácil a súa compresión e é máis doada a súa lectura. Aínda que ás veces, a distribución das palabras pode distraer algo ao lector.
Persoalmente, non me resulta atraente a ciencia-ficción, pero esta novela, ademáis de tratar diso, trata tamén da maneira coa que se pode querer a unha persoa ao longo do tempo e a mutua axuda que se ofrece cando existe unha catástrofe das características da novela.

Un día, uns nenos tiran á auga a un neno mulato porque non lles gustaba, chamado Dídac. Entón Alba, una nena de catorce anos, decide ir salvalo mergullándose na auga, xusto cando se oe un grande estrondo e aparecen uns discos voadores. Cando os dous rapaces saen da auga, decántase de que eses obxectos o destruíran todo: persoas e edificios.
Desde entón, fóronse adaptando as circunstancias, alonxándose da destruída civilización e vivindo independentemente. Descobren que os que produciran a catástrofe foran extraterrestres e vivían con medo a que os descubrisen. Viaxaron a distintos lugares buscando xente viva, e comprobaron que sí que a había: que morrera había pouco ou que estaba tola.
Fóronse namorando e decidiron ter un fillo. Pero aos poucos días de nacer o neno, Dídac sofre un accidente, soterrado por unha ruína. Entón Alba pensou que tería que ter relacións sexuais co seu fillo, chamado Mar, para crear de novo a toda a humanidade.

Laura Lorenzo Castro (4º ESO)

A banda sen futuro de Marilar Aleixandre

Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emocións ao longo de dous meses. Ten que afacerse a unha cidade nova á que acaba de mudarse coa súa familia polo traballo do seu pai, e ao comezo do curso nun instituto novo. Ademais, Carlota le unha mala noticia no xornal: a morte de Poch, un cantante ao cal admiraba. A rapaza relaciona esta noticia co resto de cousas que lle están a suceder e séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan non son bos. Recorta a foto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento o cantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupacións. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que por culpa dun eccema ten que rapar a cabeza ao cero. Culpa aos seus pais por obrigala a asistir a clase cun pano na cabeza e teme ter que enfrontarse ás olladas e preguntas indiscretas. Nestes primeiros días, Carlota pásao mal e non se relaciona con ninguén.

Séntese soa e con medo aos demais, ata que un día na clase de inglés Miguel, un dos seus compañeiros, deféndea do insulto doutro rapaz e a partir de aí fíxase nel e comeza a sentir algo especial ainda que non o queira recoñecer, xa que pensa que ningún rapaz se fixará nela mentres estea rapada. Ao longo dos días, Carlota vaise integrando cos seus compañeiros porque teñen que solucionar un problema coa de debuxo e tamén realizar unha obra de teatro para lingua española, na cal Carlota conseguira un papel. A preparación do papel fai que se mergulle en si mesma e consiga achegarse a Miguel, que lle regala unha cinta de U2 e lle dá un bico na meixela. Sente que está namorada, pero tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccions e que poden falar de temas como o futuro, que tanto preocupa a Carlota. Axiña descubre que a súa única amiga,Paulina, está saindo con Miguel e séntese mal, pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude; decátase de que o do seu cabelo é unha das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo xoga en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente, Moncho decláraselle e de súpeto todo cambia para ela; ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin pode deixar medrar o cabelo, xa que as análises están ben.

Esta novela gustome moito,porque é entretida e ao tratar sobre unha adolescente faise fácil de ler e de entender.

Laura Rodríguez Domínguez (4º ESO)