mércores, 13 de xuño de 2012

O club da calceta de María Reimóndez

Matilde, Anxos, Luz, Rebeca, Elvira e Fernanda, cada unha levada polos seus problemas, únense a un club de calceta, onde se fan grandes amigas e atopan solución aos seus problemas, rematando por fundaren empresas propias co apoio das demais, xa fose en cooperativas ou en solitario.
Pero, misteriosamente, morren os homes que lles causaban problemas, e xcase todo leva a pensar que elas os asasinaron.

Matilde, que sempre tivo problemas debido ao seu tamaño, máis grande do normal, monta a súa tenda de lás, “Á túa medida”, na que tamén remata vendendo esculturas similares ás que facía a súa tía Davinia, asasinada tras vingar a violación dunha amiga.

Anxos, unha feminista da Universidade, deixa a seu mozo, Damián, así como á súa labor feminista. Posto que queda sen casa vai vivir con Elvira, e planifica crear unha revista de investigación económica feminina.

Luz, que era prostituta desde que súa nai a introducira no negocio, e Rebeca, unha loira de corpo dez cuxo mozo a “engana” coa súa xefa (non se pode dicir realmente que a engane, pois cóntallo con toda naturalidade esperando que non lle importe), fundan unha empresa de asesoramento empresarial para mulleres na que lles axuda tamén Anxos. Luz deixa a prostitución e vai vivir con Elvira e Anxos cando as súas antigas compañeiras lle dan unha tunda porque pensan que segue no negocio por si soa. Rebeca independízase e namórase de Laura, que era a asistenta social que lle axudou a Luz.

Elvira, xa maior, é unha beata de santa Marta e san Antón. Xunto coa súa amiga Antonia, que tivera que abortar dun fillo do párroco, Serafín, rouba a Virxe da Igrexa para evitar que a vendan, e non a devolven ata que Serafín está morto e se aseguran de que non se volverá intentar a venda.

Fernanda, a quen lle falta unha perna pero lle sobra apoio do seu home, cumpre o seu soño de facerse condutora de autobús.

Entre outros morren o pai Serafín; Xosé Barroso, o entrevistador de ofertas de traballo que desprezara a Rebeca só por ser unha loira guapa; o condutor de autobús que detiña o vehículo lonxe da parada para que tivera que ir ata onde el parara; etc.


Paréceme unha gran obra, encántame cada unha das persoaxes: a triste vida de Luz, a loita de Fernanda, o rexeitamento dos prexuizos de Rebeca, a disposición a axudar de Elvira... Porén, paréceme moi esáxerada, dando por feito que fose así, pois non o aclaran.

Laura García Devesa (4º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario