domingo, 3 de febreiro de 2019

Coches contaminantes e coches eléctricos, reflexión de Ana Nantón (4º A ESO)

Este problema aféctanos a todos os seres humanos, xa que estamos a falar sobre a desaparición de vehículos contaminantes.
Todas as persoas estamos afectadas pola contaminación que producen os coches, xa que os gases que producen nos están facendo dano para a nosa saúde.
Pero tamén hai inconvenientes xa que se queremos ter un coche eléctrico non nos dana tanto, pero se que quedamos sen batería tes que esperar bastante tempo para recargalo, e tamén que aínda hai poucos sitios para recargar.
Unha solución para este gran problema serían os coches híbridos, xa que se imos facer unha viaxe curta usariamos a eléctrica e se tiveramos que facer unha viaxe mais longa fariámolo con gasolina ou gasoil.
Na miña opinión, habería que facilitar esta compra, xa que moitas persoas no se poden permitir cambiar de coche dun día para outro pero se tivesemos algunhas axudas todo sería moito mais fácil para todos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario