mércores, 30 de xaneiro de 2019

Pasos para deixar de ser un muggle, Pedro Suárez Fariña (4º ESO)


Pasos para deixar de ser un muggle

1.   Pensa que poderes queres ter e que variña máxica queres (o material, onde foi forxada, o tipo de madeira…).

2.     Unha vez o penses é hora de enviar a túa solicitude a Hogwarts.

3.     Agora é unha parte que non depende de ti, espera a que che chegue a carta, e se por un casual non che collen, sempre che quedarán outras universidades de maxia moito peores.

4.   Empeza a pensar en que casa vas estar (Gryffindor, Hufflepuff, Ravenclaw ou Slytherin)

5.     É a hora de que escollan a túa casa, non te poñas nervioso.

6.     Unha vez esteas na casa, coñece os teus compañeiros e socializa con todos.

7.     Último paso pero non o menos importante, esperta. Dáte conta de que non estás no mundo de Harry Potter e nunca vas estar, sempre serás un Muggle que non ten poderes.

Non te sintas mal, sempre che quedarán a familia e os amigos, pero estes non che van dar poderes nin unha bolsa de estudos en Hogwarts, de ilusións tamén se vive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario