sexta-feira, 25 de janeiro de 2019

Instrucións para comer un chicle na clase, Brais Martínez Lema (4º ESO B)

Como todo o mundo sabe, os chicles son algo que os profesores non soportan nas clases. Sempre que un compañeiro ten un chicle na boca, e o profesor se decata, réñelle e obrígalle a tiralo. Agora vou dar unha serie de consellos para poder comer un chicle na clase sen que ninguén se decate. Isto só é para a xente á que lle gusta vivir ao límite.
  1. O primeiro que se debe facer, entrar na clase, sentarse e esperar uns cinco minutos para poder comer o chicle. Nos primeiros minutos, o profesor, soe visualizar que non falte ninguén, e pódeche ver o chicle.
       Despois de que pasen cinco minutos, xa podes abrir ás agachadas o teu chicle e comelo.
  1. Xa co chicle na boca, comeza a aventura. Hai que estar atento, xa que cada vez que o profesor te mire, debes ter reflexos de lince, e apartar rapidamente o chicle cara un lado da boca e non mastigar.
  2. Un consello é nunca manter contacto visual co profesor, máis que nada para que non che vexa o chicle, pero tamén para que non che toque ler. Se por casualidade es desas persoas que son odiadas pola sorte, e che toca ler, debes estar rápido. Tes dúas opcións:
  • Se tes moita práctica, podes apartar o chicle cara un lado da boca, ler tranquilamente, e cando acabes continuar mascando.
  • Se iso non se che dá moi ben, debes estra lixeiro, coller un pano do peto, e facendo o amago de soar os mocos gardar o chicle, e tiralo no lixo despois.
Se te cachan nalgúns dos pasos, ou che toca ler e tes que usar un pano, debes aceptar a derrota, e ter sempre un chicle de reposto para a seguinte clase volver intentalo.


Sem comentários:

Enviar um comentário