venres, 25 de xaneiro de 2019

Como sentir morriña cun pensamento, Sara Caamaño (4º ESO B)

No seguinte texto veñen unhas indicacións para botar en falta a algo ou alguén. Estas pautas abranguen dende sentir morriña dun lugar ou persoa ata un momento concreto. Debe poñerse cómodo/a e intentar empatizar coas situacións. Tamén pode volver a vista nuns anos atrás, para revivir momentos felices na mente, como a infancia.
En primeiro lugar, debe acomodarse nun lugar que coñeza, preferentemente se hai un bonito recordo nel ou unha fermosa paisaxe. O ambiente tamén debe estar calmado e o barullo debe ser mínimo. Se do seu maxín saiu un recordo atribuído a un obxecto, servirá de axuda, aínda que un álbum de fotografías sería o mellor para este momento.
A continuación, busque a tranquilidade que se nomeou no paso anterior e empece a recordar imaxes de aquel día. Un día sentado/a ao lado de teu avó no banco do parque antes de que o cancro consumise a súa vida. Unha xuntanza de varios amigos pasándoo ben, cun sorriso na cara de cada un, ou simplemente un día no que te sentiches ben contigo mesmo/a.
Porque en definitiva, a morriña créase coa túa felicidade e a da xente que te rodea.
Debería repetir estes pasos mínimo tres veces ao mes, para unha vida máis saudable por dentro e máis feliz dende unha perspectiva exterior.
Grazas polo seu tempo e moita sorte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario