martes, 2 de outubro de 2018

Os Nini, por Brais Martínez Lema (4º ESO)

Resultado de imaxes para NINI

Os `nini´, é un termo usado para a xente que nin estuda nin traballa. Este termo aparece por primeira vez no 1999 no Reino Unido, referíndose a xente de entre 16 e 18 anos que nin estudaba nin traballaba.
Este termo foise expandindo ao resto do mundo, e comezou a abarcar diferentes rangos de idades.
Unha das principais causas da aparición dun `nini´, é que a xente non lle encontra sentido a estudar, xa que aínda que estuden, saben que lles vai ser moi difícil encontrar traballo despois.
Hai moitas outras causas polas que `nace un nini´, pero voume centrar nas máis comúns:
Aínda que unha persoa teña intención de estudar e traballar posteriormente, se este pertence a unha familia con baixos ingresos económicos, vese obrigado a abandonar os estudos en certo momento, xa que ao mellor a familia non pode pagar as taxas da universidade, que cada vez son máis elevadas.
Outra das causas, é a maternidade a pronta idade. Isto, é máis frecuente nas mulleres, xa que se ven obrigadas a coidar do fillo mentres e pequeno.
As consecuencias, son dúas principalmente:
A primeira, é que os `nini´, introdúcense na delincuencia, xa que a perciben como un método fácil para conseguir ganancia.
A segunda, para min a máis grave, é que esa xente, non estuda nin traballa, polo que non ten nin coñecementos nin experiencia. Daquela cando pasen os anos, certos traballadores xubilaranse, e necesitarase xente para o seu posto.
Isto producirá un gran atraso para as empresas, porque veranse obrigadas a formar aos traballadores, antes de poder incluílos como tal.
Na miña opinión, os `nini´, non son unha xeración perdida, como a xente os denomina.
A xeración perdida, creouna o goberno, xa que cada vez as taxas das universidades son máis elevadas, e non todo o mundo ten uns pais que poidan estalos mantendo, pagándolle un piso e os estudos.
Por outra parte, tamén hai xente que para poder estudar, traballa simultaneamente, e paga os seus propios estudos, pero ante a falta de traballo, a mellor solución non é subir o custo do estudo, porque iso é incitar a xente a non estudar.
En conclusión, aínda que isto é un problema para a sociedade, o mellor non é poñerlle alcumes como `xeración perdida ´, xa que isto resulta ofensivo.
A mellor solución sería baixar as taxas universitarias para aqueles que queren formarse. Os que deciden non estudar, e non encontran traballo polo que xa desisten, deberían aproveitar o tempo de desemprego para estudar e formarse mellor, porque a falta de emprego, é algo sen solución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario