xoves, 4 de outubro de 2018

Aumento das violacións, por María Paz Varela (4º ESO)


Resultado de imaxes para VIOLACIÓN NON É NONEran as catro da mañá aproximadamente, eu saía dunha coñecida discoteca acompañada das miñas mellores amigas. Faríamos o traxecto a casa andando xa que todas vivíamos moi preto unha das outras. Cando deixei na súa casa a miña última acompañante tan só me quedaban cincocentos metros aproximados para chegar a casa. Sen saber moi ben por que comecei a andar máis rápido, imaxino que a ninguén lle gusta andar só pola rúa de noite. De súpeto vin a un grupo de rapaces que se aproximaban a min, sentín medo. Aumentei o ritmo dos meus pasos pero foi inevitable, notei como alguén me agarraba con forza dun brazo. Intentei soltarme do agarre e fuxir correndo. Non foi posible. Cando me din conta estaba metida nun portal, eu berrei e berrei case ata quedar sen voz. Finalmente desistín, sabía que non ía recibir axuda de ninguén esa noite. Como todos imaxinaredes, fun forzada, golpeada e abandonada nese portal.”

Os últimos datos oficiais sobre violacións cometidas en España reflicten un crecemento do 11,3 por cento nos nove primeiros meses de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior, con 1.054 casos coñecidos, que inclúen tanto os denunciados como as rexistrados polas forzas de seguridade durante as súas actuacións, que supoñen catro violacións diarias. – ABC SOCIEDADE
Camiñar pola rúa soa convértese a diario nunha completa atracción de terror digna dos mellores parques temáticos. Como en calquera destas, móntaste sabendo que vas pasar medo, que ao momento desexarás saír dela. Aínda así, segues camiñando cara adiante, pensas que o seguinte vagón ou escenario que pases non pode ser peor, pero sempre o é. Un traxecto andando pode converterse no mesmo. Desexas acabar canto antes, chegar a casa. Escoitas comentarios, silbidos pero segues camiñando, o peor xa pasou pensas, pero non sempre é así. Ao mellor o seguinte vagón remata contigo tirada e soa no mellor dos casos ou morta no peor deles.
Ninguén quere vivir isto, pero todos permitimos que milleiros de mulleres o sufran diariamente, que queden desamparadas ante unha lei que trata as vítimas de culpables e aos culpables de vítimas, que teñan que desexar con todas as súas forzas non volverse a topar coa persoa que as deixou vulnerables porque nun par de anos estará en liberdade. E precisamente liberdade e do que nunca máis vai poder gozar unha muller maltratada, violada ou humillada.
A seguinte podo ser eu, podes ser ti a seguinte pode ser calquera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario