sábado, 21 de outubro de 2017

Instrucións para aprobar o curso, por Andrea Lema Cotelo (2º ESO)

Para aprobar o curso necesitas máis do que pensas, máis ca o típico: aprobar os exames, portarte ben na clase, facer os exercicios, ler os libros que che mandan, atender... Si, claro todo iso é necesario, pero... tamén tes que facer máis cousas. Aínda que isto che servirá de moito.
  Primeiro de todo, debes conquistar ao profesor/a ( por dicilo así ), non é fácil, non penses que o é. Debes caerlle ben, porque se, por exemplo, te portas mal os primeiros días el/ela pensará mal de ti, pensará que vas ser así o resto do curso, e non queremos iso; para aprobar, ese non é o mellor camiño, caerlle mal ao profesor/a dende o principio, non.
  Seguimos, unha vez pasado este paso teremos que facer que confíe en ti. Empézase por portarte ben, que por certo, iso xa esta conseguido, así que hai que seguir por facer as tarefas todos os días. E entón se algún día te esqueces de facelas ou non as puideches rematar el/ela non che regañará como si non as traes todos os días.
  Participa moito na corrección de exercicios, voluntarios, levanta a man para saír ao encerado, ler unha páxina do libro, responder unha pregunta, buscar no dicionario, non teñas vergoña, sae a facer exposicións orais, este tipo de cousas tamén servirá.
E finalmente direi que aínda hai moitas máis cousas que podes facer ademais disto, pero penso que esta é a base, o fundamental para aprobar, se tes estes pasos feitos, deberías ter o curso aprobado. Así que eu non teño máis que dicir, e espero que teñades sorte este ano!

Ningún comentario:

Publicar un comentario