martes, 24 de outubro de 2017

Laura Torrado de 2º ESO reflexiona sobre os incendios en Galicia

Cando recibín a  nova do que estaba a pasar en Galicia e arredores esta fin de semana, o primeiro que fixen foi preguntarme se iso era real, porque non cría que alguén fose capaz de queimar uns pobres montes só por conveniencia. Porque empézase con isto, que xa é bastante grave, e acábase coa destrución do planeta. Non entendo como a xente non se dá conta de que están destruíndo o seu fogar. É igual por exemplo que se che constrúen unha casa e vas ti e lle prendes lume, non ten moito sentido, non? Pois pasa o mesmo nos dous casos. E o peor de todo e que estas accións só se fixeron por cartos. Cando a humanidade se dea conta de que si, son necesarios pero non son o máis importante na vida, moitos dos problemas que existen na actualidade serán arranxados.
En conclusión, debemos darnos conta do que perdemos esta fin de semana e tomar medidas para que isto non volva pasar, xa que os nosos montes foron e seguen sendo moi importantes para Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario