segunda-feira, 12 de dezembro de 2016

A utilidade das linguas, María Paz Varela (2º ESO)

Resultado de imaxes para GALEGO É ÚTILActualmente en todo o mundo contamos con arredor de cinco mil linguas e de todas elas non hai ningunha que sexa máis ou menos válida que outra. Non hai ningunha que ao falala nos faga máis cultos ou que, ao contrario, nos faga parecer menos intelixentes. Todas as linguas son igual de válidas, igual de cultas e igual de útiles. Existen moitos prexuízos acerca de que lingua é mellor ou cal peor, pero ningún deles ten unha base real. Todos nós temos a liberdade e o dereito de escoller que lingua falar, e non debemos ser xulgados por iso, xa que todas elas cumpren a súa función, comunicarnos uns cos outros. Unha lingua non é mais ou menos útil polo número de falantes que ten, por exemplo a lingua máis falada é o chinés pero, en cambio, se vives en Galicia non che sería útil xa que case ninguén a sabe falar. Debemos evitar os prexuízos lingüísticos e non podemos permitir que non nos deixen falar a nosa lingua, que a desprecen ou que a tratan de pouco valiosa xa que como todos interiormente sabemos, si vale, si é útil e si merece ser respectada! 

Sem comentários:

Enviar um comentário