xoves, 21 de novembro de 2013

O pozo do vello por Sergio Caamaño Maroñas (3º A)


Nunha vila perdida, no medio dunha montaña, hai un vello pozo no que hai moitos carteis de “NON ACERCARSE”.

 Unha noite de festa dez rapaces de menos de dez anos estaban a xogar ás agachadas. Ás  doce e media da noite nunha desas partidas non atopaban a Roberto, e todos se puxeron a buscalo. Ao atopalo, xunto a unha árbore, comprobaron que estaba moi nervioso e levárono a xunto da súa nai, cando se tranquilizou contou que se escondera detrás do vello pozo e empezou a oírse unha voz que dicía:

-       O que este aí que se prepare para morrer, O que este aí que se prepare para morrer, O que este aí que se prepare para morrer …

-       E logo, non viches os carteis?-preguntoulle súa avoa.

-       Si, pero non fixen caso.

-       Condenáchesnos a todos, rapaz!

-       Mamá, non lle digas esas cousas ao neno.

-       É a verdade. Ou, non te acordas da historia que che contaba de pequena?

-       A do vello o que ninguén quería na vila e como roubaba tirárono ao pozo.

-       Pois iso, é a maldición do pozo; se alguén se acerca a máis de dous metros, o vello sae do pozo e non volve a el ata pasados cen anos, e acaba con todos os que viven na vila na que se atopa o pozo.

 De repente, apareceu un home cheo de farrapos vellos cheos de sangue pedindo esmola.

-       O vello!- berrou a avoa.

-       Vou acabar con todos vós!- dixo o vello.

 E de súpeto, deu unha patada no chan e de alí saíu unha onda que lanzou a  xente ao ceo, o camión da orquestra e todo o que alí se atopaba excepto o pozo. Ao caer a xente comezou a comelos a todos. A cada persoa que comía, íalle aparecendo novos poderes sobrenaturais.

  Esta historia está datada do 20 de Maio do 1915. Cada cen anos o pozo cambia de vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario