sábado, 23 de novembro de 2013

O misterio do estraño libro do Samaín por Darío Santiso Varela

Un 31 de Outubro de 1908, Xoán, Miguel e Antón quedaran a estudar na biblioteca do seu colexio os costumes do Samaín en Inglaterra . Entre dez libros atopados sobre o Samaín había un que se titulaba “Terrorific Halloween “. Ese libro pareceulles raro non só pola portada, senón que por dentro había unhas gotiñas de cor vermello que parecían sangue. Entre os tres decidirán que ese libro o levarían unha semana cada un. A primeira semana levouno Xoán. Ao chegar o luns ao colexio víronse os tres .

Que tal está o libro, Xoán?- preguntou Antón .
Ben, lin os primeiros capítulos e non vou ler maís – dixo Xoán 
E logo? – preguntou Miguel
Porque lin una frase e ó rematar empezou a soprar o vento e a entrar un fume de cor negro na miña habitación – dixo Xoán
Boh! Iso pode ser nebóa - dixo Antón
Non creo eu …- dixo Miguel.

     Quedaron os tres na casa de Xoán para saber se iso era certo. E os dous quedaron      apampanados ao ver que o que dixera Xoán  era realidade, pero, de súpeto, Xoán desaparecera.    Ese feito xa cambiara as cousas, agora tocaba buscar e atopar a Xoán.

Onde estará Xoán?  – dicía Miguel. Volveron a quedar os dous para poder atopar a Xoán.
Eu séndoche sincero teño medo – dixo Miguel.
Ti tes medo por todo, mexericas !- contestoulle Antón.

Pero, de repente,  o libro empezou a salpicar sangue, escoitábanse palabras raras e do libro empezou a saír un home sen cabeza cheo de sangue e cun coitelo espetado no lombo. Antón e Miguel, mortos co medo, empezaron a berrar . Era Xoán, que o asasinaran. Eles estaban preocupados de que ían ir para o cárcere cando, de súpeto, se escoita

Agora é o voso turno !- E nese mesmo momento desapareceron Antón e Miguel, e non se volveu saber nada deles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario