mércores, 13 de xuño de 2012

O can dos Baskerville

O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando.

Gustoume moito porque a intriga que engancha ao principio non te deixa parar de ler atas que acabas o libro. Ademais de ser una novela policiaca que son unas das mellores novelas que hai no mercado.

Rubén Vázquez Fariña (4º ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario