xoves, 4 de outubro de 2018

Estamos nas mans das redes sociais, Sara Caamaño (4º ESO)

Resultado de imaxes para REDES SOCIAISAínda que ambos sexos contamos con pezóns, soamente os das mulleres son vistos como algo íntimo e sexual. Por exemplo, na rede social Instagram, cando un atleta de fitness masculino sobe unha foto sen camiseta, posiblemente teña fama e milleiras sinais de que gustou. No caso dunha muller, Instagram borrará a publicación pola súa conta dicindo que se subiu á rede un contido inadecuado para todos os usuarios.
Engadíndolle a iso, as redes sociais actualmente deixan un nivel elevado de perfección do que é a vida. Cada día os adolescentes vemos a todas horas corpos femininos perfectos, matrimonios e familias perfectas, profesións sen ningún esforzo, en suma, vidas perfectas. Así a mocidade de hoxe pensa que a que estamos a vivir nós, non é o suficiente boa ou feliz. O que nos custa entender é que non existe a perfección en ningún ámbito da vida, todo ao que se chega é mediante esforzo, actitude e interés.
Pero ademais deste primor que deixa tanto que desexar, chega o internet e con este as redes. Os recordos e momentos felices que antes se compartan a través de álbums fotográficos, en persoa ou tras xeracións, agora pódese compartir a todo o mundo en segundos cun só movemento. Pero o peor é que permanecerá aí para sempre, sexa algo do que te sintas orgulloso ou algo vergonzoso que colgue unha persoa sen o teu consentimento. E non se fala da perda de reprodutores de música xeniais que nos dou a historia, fóronse perdendo os vinilos, cassetes, a radio, mp3 e os discos orixinais que gravaban os artistas, porque agora a golpe de play podemos escoitar calquera canción gratis.
Para a opinión de moita xente, crear este medio sempre será un atraso, porque como ten moitas vantaxes; como a comunicación instantánea, información, compartir blogs, etc. Presenta máis desvantaxes, como o ciberbullying, acceso á nosa privacidade, suplantacións de identidade, críticas e estafas, inversión e adicción de tempo e máis.

A sociedade actual, Iker Castiñeira Lema (4º ESO)

Resultado de imaxes para SOCIEDADE
O noso país onde vivimos é España, supostamente é un país democrático, con liberdade de expresión e tamén as nosas leis son xustas e iguais para todos.
O de que nos vivimos nun país democrático non é así, nos soamente nos adicamos a elexir o noso representante. Isto non é democracia, isto chámose goberno representativo, a auténtica democracia é cando nós eleximos o noso representante e temos que aprobar ou denegar as leis propostas. Isto sería a democracia a grandes rasgos.
Agora vou falar da condea imposta o rapeiro Vatonyc de tres anos e medio de prisión. Os delitos cometidos foron a glorificación do terrorismo ,inxurias á coroa e ameazas todo isto relacionadas cunha das súas cancións.
Supostamente vivimos nun país con liberdade de expresión en cambio un home viola unha muller dándolle somníferos e só caénlle dous anos de cárcere outra persoa mata a outra e caénlle 10 meses de cárcere. Pero fas un tema de rap contra o rei e a política actual e é moito peor que o que comentei antes. E nós estamos a pensar que vivimos nun país civilizado que o único que fai e protexer a unha élite.

Coida do teu mellor amigo, Sara Rivera Bernárdez (4º ESO)

Resultado de imaxes para CUIDAR DE MASCOTA
Desde sempre nos preocuparon problemas como o paro, a inmigración, a violencia de xénero… pero non podemos esquecernos das nosas mascotas.
En España unha gran porcentaxe de animais son abandonados, sendo un dos primeiros países na lista de abandono de mascotas.
Durante 2017 foron recollidos por refuxios máis de 138.000 cans e gatos.
Desde 2008 houbo un descenso bastante grande en canto recollida de animais, sendo nesa época arredor de 157.000.
Aínda que este problema se foi freando co paso dos anos, seguen sendo cifras moi elevadas e preocupantes.
A época con maior número de abandonos soe ser o verán, xa que se producen moitas camadas non desexadas. Outra razón é que os donos non se poden ocupar das súas mascotas mentres van de vacacións.
As cinco principais razóns ditas polos propietarios tratando de xustificar o abandono de animais son: os factores económicos, camadas indesexadas, o fin de temporada de caza, o “mal comportamento” e a perda de interese.
En conclusión, para coidar a unha mascota debemos ter claro se seremos capaces de coidala, xa que é algo que necesita responsabilidade, e un animal non é un obxecto que poidas tirar coma se non significara nada.

O uso da internet, por Mari Luz Varela (4º ESO)

Resultado de imaxes para UTILIDAD DE INTERNET
A internet é un dos avances de hoxe en día que nos fai a vida máis fácil. É rápido, está a información que precisamos, aínda que ás veces non todo o que está en internet é verdade.
Como todo na vida ten cousas boas e cousas malas o bo ou mal uso dela depende de cada un de nós , como case todas as cousas ten vantaxes e desvantaxes.Dentro das vantaxes as máis coñecidas son:que podemos buscar información inmediatamente cun só click, tamén podemos reecontrarnos con vellos coñecidos ,tamén nos permite compartir momentos especiais con amigos e familiares no momento no que os estamos a desfrutar, permite a comunicación a tempo real e establece conexiones co mundo profesional.
Dentro das desvantaxes, as máis coñecidas so que as redes poden chegar a ser perigosas se non temos coidado con elas,tamén nos obsorbe o tempo a xente que se pasa una gran parte do día conectado ás redes sociais, que pode chegar a ser adictivo, pode apropiarse dos contidos que publicamos e tamén pode darse algún caso de falsificación de personalidades.
Na miña opinión, internet é moi útil se o utilizamos adecuadamente e con moita responsabilidade.


Aumento das violacións, por María Paz Varela (4º ESO)


Resultado de imaxes para VIOLACIÓN NON É NONEran as catro da mañá aproximadamente, eu saía dunha coñecida discoteca acompañada das miñas mellores amigas. Faríamos o traxecto a casa andando xa que todas vivíamos moi preto unha das outras. Cando deixei na súa casa a miña última acompañante tan só me quedaban cincocentos metros aproximados para chegar a casa. Sen saber moi ben por que comecei a andar máis rápido, imaxino que a ninguén lle gusta andar só pola rúa de noite. De súpeto vin a un grupo de rapaces que se aproximaban a min, sentín medo. Aumentei o ritmo dos meus pasos pero foi inevitable, notei como alguén me agarraba con forza dun brazo. Intentei soltarme do agarre e fuxir correndo. Non foi posible. Cando me din conta estaba metida nun portal, eu berrei e berrei case ata quedar sen voz. Finalmente desistín, sabía que non ía recibir axuda de ninguén esa noite. Como todos imaxinaredes, fun forzada, golpeada e abandonada nese portal.”

Os últimos datos oficiais sobre violacións cometidas en España reflicten un crecemento do 11,3 por cento nos nove primeiros meses de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior, con 1.054 casos coñecidos, que inclúen tanto os denunciados como as rexistrados polas forzas de seguridade durante as súas actuacións, que supoñen catro violacións diarias. – ABC SOCIEDADE
Camiñar pola rúa soa convértese a diario nunha completa atracción de terror digna dos mellores parques temáticos. Como en calquera destas, móntaste sabendo que vas pasar medo, que ao momento desexarás saír dela. Aínda así, segues camiñando cara adiante, pensas que o seguinte vagón ou escenario que pases non pode ser peor, pero sempre o é. Un traxecto andando pode converterse no mesmo. Desexas acabar canto antes, chegar a casa. Escoitas comentarios, silbidos pero segues camiñando, o peor xa pasou pensas, pero non sempre é así. Ao mellor o seguinte vagón remata contigo tirada e soa no mellor dos casos ou morta no peor deles.
Ninguén quere vivir isto, pero todos permitimos que milleiros de mulleres o sufran diariamente, que queden desamparadas ante unha lei que trata as vítimas de culpables e aos culpables de vítimas, que teñan que desexar con todas as súas forzas non volverse a topar coa persoa que as deixou vulnerables porque nun par de anos estará en liberdade. E precisamente liberdade e do que nunca máis vai poder gozar unha muller maltratada, violada ou humillada.
A seguinte podo ser eu, podes ser ti a seguinte pode ser calquera.

martes, 2 de outubro de 2018

Os Nini, por Brais Martínez Lema (4º ESO)

Resultado de imaxes para NINI

Os `nini´, é un termo usado para a xente que nin estuda nin traballa. Este termo aparece por primeira vez no 1999 no Reino Unido, referíndose a xente de entre 16 e 18 anos que nin estudaba nin traballaba.
Este termo foise expandindo ao resto do mundo, e comezou a abarcar diferentes rangos de idades.
Unha das principais causas da aparición dun `nini´, é que a xente non lle encontra sentido a estudar, xa que aínda que estuden, saben que lles vai ser moi difícil encontrar traballo despois.
Hai moitas outras causas polas que `nace un nini´, pero voume centrar nas máis comúns:
Aínda que unha persoa teña intención de estudar e traballar posteriormente, se este pertence a unha familia con baixos ingresos económicos, vese obrigado a abandonar os estudos en certo momento, xa que ao mellor a familia non pode pagar as taxas da universidade, que cada vez son máis elevadas.
Outra das causas, é a maternidade a pronta idade. Isto, é máis frecuente nas mulleres, xa que se ven obrigadas a coidar do fillo mentres e pequeno.
As consecuencias, son dúas principalmente:
A primeira, é que os `nini´, introdúcense na delincuencia, xa que a perciben como un método fácil para conseguir ganancia.
A segunda, para min a máis grave, é que esa xente, non estuda nin traballa, polo que non ten nin coñecementos nin experiencia. Daquela cando pasen os anos, certos traballadores xubilaranse, e necesitarase xente para o seu posto.
Isto producirá un gran atraso para as empresas, porque veranse obrigadas a formar aos traballadores, antes de poder incluílos como tal.
Na miña opinión, os `nini´, non son unha xeración perdida, como a xente os denomina.
A xeración perdida, creouna o goberno, xa que cada vez as taxas das universidades son máis elevadas, e non todo o mundo ten uns pais que poidan estalos mantendo, pagándolle un piso e os estudos.
Por outra parte, tamén hai xente que para poder estudar, traballa simultaneamente, e paga os seus propios estudos, pero ante a falta de traballo, a mellor solución non é subir o custo do estudo, porque iso é incitar a xente a non estudar.
En conclusión, aínda que isto é un problema para a sociedade, o mellor non é poñerlle alcumes como `xeración perdida ´, xa que isto resulta ofensivo.
A mellor solución sería baixar as taxas universitarias para aqueles que queren formarse. Os que deciden non estudar, e non encontran traballo polo que xa desisten, deberían aproveitar o tempo de desemprego para estudar e formarse mellor, porque a falta de emprego, é algo sen solución.

xoves, 21 de xuño de 2018

REFLEXIÓNS SOBRE O CLUBE DE LEITURA EM PORTUGUÊS

 
Rematado o Clube de Leitura em Português aquí se publica unha pequena reflexión sobre os libros lidos e sobre a participación no clube por parte dalgunhas das persoas participantes.




Eu lin o libro Resistencia de Rosa Aneiros para o club de lectura de portugués. O libro está escrito en galego pero conta a historia do que ocorreu con respecto ao réxime salazarista e á Revolução dos Cravos desde o punto de vista de persoas do rural e de presos políticos.



Gustoume moito este libro porque conta unha historia moi entretida que seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as enfermidades e todo o citado neste texto estaba á orde do día naquela época. Ademais de contar diferentes historias de amor tamén nos conta a historia de como foi a vida durante o réxime salazarista e o que supuxo para todos os portugueses a ditadura e a Revolución dos Cravos. Pareceume un libro moi interesante co cal se pode aprender da historia dun lugar que nos queda moi preto.

O club de lectura ensinoume unha parte da historia de Portugal máis humilde e dunha forma diferente da que xa todos coñeciamos.

Lucía Sánchez Suárez (4º ESO)

 
Eu lin en portugués Finalmente o verão, banda deseñada de Jillian e Mariko Tamaki.

É un libro fácil de ler e entretido, xa que aínda que é noutra lingua, os cómics son rápidos de ler e resultoume moi ameno.

Pareceume moi interesante e importante este club, xa que ler é importante, noutro idioma aínda máis, sobre todo no portugués, un idioma que se imparte neste centro desde hai pouco. Foime sinxelo de entender xa que o portugués é moi parecido á miña lingua, o galego, aínda que hai algún léxico que non entendín moi ben.
Alicia Rodriguez Ramos (4º ESO)



Eu lin O filho de Astérix de Albert Uderzo, Rene Goscinny e con deseños de Albert Uderzo e tradución de Eduardo Leão Maia editado por ASA.

O libro tiña unha fácil comprensión e era moi entretido. Gustáronme moito as actividades do club de Português e da materia de Portugués que cursei este curso.

Tania Pastoriza Maroñas (4º ESO)





Eu lin a banda deseñada Dog Mendonça e PizzaBoy II de Filipe Melo, Juan Cavia e Santiago Villa editado por Tinta da China.

Gustoume ler en portugués, resultoume bastante fácil entender todo; o que máis me custaba era algunha palabra da que non coñecía o seu significado e tiña que mirar en internet o que era. Tamén me gustou bastante estar no Club de Portugués, porque aprendemos bastante sobre a historia de Portugal a Revolução dos Cravos.

Daniel Vázquez Rivera (4º ESO)




Eu escollín A criada malcriada da editorial Objectiva, xa que me parecía un libro interesante e con pouca dificultade de ler porque ten debuxos e pouca letra. Trata sobre unha criada e a súa dona, que está sempre reñéndolle.

Pois a verdade é que si me gustou ler en portugués xa que sempre me pareciu unha lingua moi interesante. Non me custou moito ler o libro pero si que había algunhas palabras que me custaba máis entendelas, pero polo resto ben.

O club de lectura parece unha maneira de ver a lectura dende outro punto de vista, xa que non só lemos, senón que aprendemos sobre a historia e a cultura de Portugal e outros países da lusofonía.

Sabela Lema Rodríguez (4º ESO)



O libro que escollín para o club de lectura de Portugués foi Reencontro em Barcelona, de Elizabeth Adler, xa que cando lín o título na biblioteca estaba segura de que me ía gustar porque me chamou moito a atención.

Ao principio asustábame non entender nada, xa que é un libro bastante longo e se non comprendes a lingua resulta complicado de ler, pero pouco a pouco íao entendendo, aínda que me perdín nalgunha que outra parte e houbo certas palabras que tiven que consultar nun dicionario debido á súa complexidade, xa que nunca estudei portugués e tiven pouco contacto con el pero sen ningunha dúbida é unha lingua fermosa que me encantaría aprender.

Irene Sánchez Suárez (4º ESO)





O meu libro foi a banda deseñada Astérix apresenta Humpá-pá. O pele-vermelha de R. Goscinny e A. Uderzo editado por Edições Aspa.
Gustoume moito xa que trata a historia e as aventuras que realiza o pele-vermelha polo mundo de Astérix e Óbelix.

Natalia Cousillas Fuentes (4º ESO)








A doninha e o taxidermista de Séchu Sende das editoriais O Diário Liberdade, Artábria Fundaçom e a Escola de Ensino Galego Semente. É un libro moi fácil de ler e tamén se pode entender con moita facilidade.

Ana Nantón Castro (3º ESO)



 


Eu escollín un libro de Geronimo Stilton, Não me deixes, Tenebrosa da editorial Presença.

O libro e fácil de ler e entender. Gustoume porque os debuxos axúdanche a entender o libro.

David Camafreita Casas (4º ESO)







O libro que eu lin é Momentos de aquí do escritor angolano Ondjaki da editorial Caminho.

Gustoume ler o libro aínda que ás veces non coñecía algunhas palabras. Respecto ao club de lectura pareceume interesante porque tomabas información doutros libros que igual che interesaban para despois lelos e de aspectos culturais moi interesantes.

Iván Mira Varela (4º ESO)