Os
`nini´, é un termo usado para a xente que nin estuda nin traballa.
Este termo aparece por primeira vez no 1999 no Reino Unido,
referíndose a xente de entre 16 e 18 anos que nin estudaba nin
traballaba.
Este
termo foise expandindo ao resto do mundo, e comezou a abarcar
diferentes rangos de idades.
Unha
das principais causas da aparición dun `nini´, é que a xente non
lle encontra sentido a estudar, xa que aínda que estuden, saben que
lles vai ser moi difícil encontrar traballo despois.
Hai
moitas outras causas polas que `nace un nini´, pero voume centrar
nas máis comúns:
Aínda
que unha persoa teña intención de estudar e traballar
posteriormente, se este pertence a unha familia con baixos ingresos
económicos, vese obrigado a abandonar os estudos en certo momento,
xa que ao mellor a familia non pode pagar as taxas da universidade,
que cada vez son máis elevadas.
Outra
das causas, é a maternidade a pronta idade. Isto, é máis frecuente
nas mulleres, xa que se ven obrigadas a coidar do fillo mentres e
pequeno.
As
consecuencias, son dúas principalmente:
A
primeira, é que os `nini´, introdúcense na delincuencia, xa que a
perciben como un método fácil para conseguir ganancia.
A
segunda, para min a máis grave, é que esa xente, non estuda nin
traballa, polo que non ten nin coñecementos nin experiencia. Daquela
cando pasen os anos, certos traballadores xubilaranse, e necesitarase
xente para o seu posto.
Isto
producirá un gran atraso para as empresas, porque veranse obrigadas
a formar aos traballadores, antes de poder incluílos como tal.
Na
miña opinión, os `nini´, non son unha xeración perdida, como a
xente os denomina.
A
xeración perdida, creouna o goberno, xa que cada vez as taxas das
universidades son máis elevadas, e non todo o mundo ten uns pais que
poidan estalos mantendo, pagándolle un piso e os estudos.
Por
outra parte, tamén hai xente que para poder estudar, traballa
simultaneamente, e paga os seus propios estudos, pero ante a falta de
traballo, a mellor solución non é subir o custo do estudo, porque
iso é incitar a xente a non estudar.
En
conclusión, aínda que isto é un problema para a sociedade, o
mellor non é poñerlle alcumes como `xeración perdida ´, xa que
isto resulta ofensivo.
A
mellor solución sería baixar as taxas universitarias para aqueles
que queren formarse. Os que deciden non estudar, e non encontran
traballo polo que xa desisten, deberían aproveitar o tempo de
desemprego para estudar e formarse mellor, porque a falta de emprego,
é algo sen solución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario