“Eran
as catro da mañá aproximadamente, eu saía dunha coñecida
discoteca acompañada das miñas mellores amigas. Faríamos o
traxecto a casa andando xa que todas vivíamos moi preto unha das
outras. Cando deixei na súa casa a miña última acompañante tan só
me quedaban cincocentos metros aproximados para chegar a casa. Sen
saber moi ben por que comecei a andar máis rápido, imaxino que a
ninguén lle gusta andar só pola rúa de noite. De súpeto vin a un
grupo de rapaces que se aproximaban a min, sentín medo. Aumentei o
ritmo dos meus pasos pero foi inevitable, notei como alguén me
agarraba con forza dun brazo. Intentei soltarme do agarre e fuxir
correndo. Non foi posible. Cando me din conta estaba metida nun
portal, eu berrei e berrei case ata quedar sen voz. Finalmente
desistín, sabía que non ía recibir axuda de ninguén esa noite.
Como todos imaxinaredes, fun forzada, golpeada e abandonada nese
portal.”
Os
últimos datos oficiais sobre violacións cometidas en España
reflicten un crecemento
do 11,3 por cento
nos nove primeiros meses de 2017 respecto ao mesmo período do ano
anterior, con 1.054
casos coñecidos,
que inclúen tanto os denunciados como as rexistrados polas forzas de
seguridade durante as súas actuacións, que supoñen catro
violacións diarias.
– ABC SOCIEDADE
Camiñar
pola rúa soa convértese a diario nunha completa atracción de
terror digna dos mellores parques temáticos. Como en calquera
destas, móntaste sabendo que vas pasar medo, que ao momento
desexarás saír dela. Aínda así, segues camiñando cara adiante,
pensas que o seguinte vagón ou escenario que pases non pode ser
peor, pero sempre o é. Un traxecto andando pode converterse no
mesmo. Desexas acabar canto antes, chegar a casa. Escoitas
comentarios, silbidos pero segues camiñando, o peor xa pasou pensas,
pero non sempre é así. Ao mellor o seguinte vagón remata contigo
tirada e soa no mellor dos casos ou morta no peor deles.
Ninguén
quere vivir isto, pero todos permitimos que milleiros de mulleres o
sufran diariamente, que queden desamparadas ante unha lei que trata
as vítimas de culpables e aos culpables de vítimas, que teñan que
desexar con todas as súas forzas non volverse a topar coa persoa que
as deixou vulnerables porque nun par de anos estará en liberdade. E
precisamente liberdade e do que nunca máis vai poder gozar unha
muller maltratada, violada ou humillada.
A
seguinte podo ser eu, podes ser ti a seguinte pode ser calquera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario