Aínda
que ambos sexos contamos con pezóns, soamente os das mulleres son
vistos como algo íntimo e sexual. Por exemplo, na rede social
Instagram, cando un atleta de fitness masculino sobe unha foto sen
camiseta, posiblemente teña fama e milleiras sinais de que gustou.
No caso dunha muller, Instagram borrará a publicación pola súa
conta dicindo que se subiu á rede un contido inadecuado para todos
os usuarios.
Engadíndolle
a iso, as redes sociais actualmente deixan un nivel elevado de
perfección do que é a vida. Cada día os adolescentes vemos a todas
horas corpos femininos perfectos, matrimonios e familias perfectas,
profesións sen ningún esforzo, en suma, vidas perfectas. Así a
mocidade de hoxe pensa que a que estamos a vivir nós, non é o
suficiente boa ou feliz. O que nos custa entender é que non existe a
perfección en ningún ámbito da vida, todo ao que se chega é
mediante esforzo, actitude e interés.
Pero
ademais deste primor que deixa tanto que desexar, chega o internet e
con este as redes. Os recordos e momentos felices que antes se
compartan a través de álbums fotográficos, en persoa ou tras
xeracións, agora pódese compartir a todo o mundo en segundos cun só
movemento. Pero o peor é que permanecerá aí para sempre, sexa algo
do que te sintas orgulloso ou algo vergonzoso que colgue unha persoa
sen o teu consentimento. E non se fala da perda de reprodutores de
música xeniais que nos dou a historia, fóronse perdendo os vinilos,
cassetes, a radio, mp3 e os discos orixinais que gravaban os
artistas, porque agora a golpe de play podemos escoitar calquera
canción gratis.
Para
a opinión de moita xente, crear este medio sempre será un atraso,
porque como ten moitas vantaxes; como a comunicación instantánea,
información, compartir blogs, etc. Presenta máis desvantaxes, como
o ciberbullying, acceso á nosa privacidade, suplantacións de
identidade, críticas e estafas, inversión e adicción de tempo e
máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario