Rematado
o Clube de Leitura em Português aquí se publica unha pequena
reflexión sobre os libros lidos e sobre a participación no clube
por parte dalgunhas das persoas participantes.
Eu
lin o libro Resistencia de Rosa Aneiros para o club de lectura
de portugués. O libro está escrito en galego pero conta a historia
do que ocorreu con respecto ao réxime salazarista e á Revolução
dos Cravos desde o punto de vista de persoas do rural e de presos
políticos.
Gustoume
moito este libro porque conta unha historia moi entretida que
seguramente houbese outras moi parecidas porque as violacións, as
enfermidades e todo o citado neste texto estaba á
orde do día naquela época. Ademais de contar diferentes historias
de amor tamén nos conta a historia de como
foi a vida durante o réxime salazarista e o que supuxo para todos os
portugueses a ditadura e a Revolución
dos Cravos.
Pareceume un libro moi interesante co cal se pode aprender da
historia dun lugar que nos queda moi preto.
O
club de lectura ensinoume unha parte da historia de Portugal
máis humilde e dunha forma diferente da que xa todos coñeciamos.
Lucía
Sánchez Suárez (4º ESO)
Eu lin en portugués Finalmente o verão, banda deseñada de Jillian e Mariko Tamaki.
É
un libro fácil de ler e entretido, xa que aínda que é noutra
lingua, os cómics son rápidos de ler e resultoume moi ameno.
Pareceume
moi interesante e importante este club, xa que ler é importante,
noutro idioma aínda máis, sobre todo no portugués, un idioma que
se imparte neste centro desde hai pouco. Foime sinxelo de entender xa
que o portugués é moi parecido á miña lingua, o galego, aínda
que hai algún léxico que non entendín moi ben.
Alicia
Rodriguez Ramos (4º ESO)
Eu
lin O filho de Astérix de Albert Uderzo, Rene Goscinny e con deseños
de Albert Uderzo e tradución de Eduardo Leão Maia editado por ASA.
O
libro tiña unha fácil comprensión e era moi entretido. Gustáronme
moito as actividades do club de Português e da materia de Portugués
que cursei este curso.
Tania
Pastoriza Maroñas (4º ESO)
Eu
lin a banda deseñada Dog Mendonça e PizzaBoy II de
Filipe Melo, Juan Cavia e Santiago Villa editado por Tinta da China.
Gustoume
ler en portugués, resultoume bastante fácil entender todo; o que
máis me custaba era algunha palabra da que non coñecía o seu
significado e tiña que mirar en internet o que era. Tamén me gustou
bastante estar no Club de Portugués, porque aprendemos bastante
sobre a historia de Portugal a Revolução dos Cravos.
Daniel
Vázquez Rivera (4º ESO)
Eu
escollín A criada malcriada da editorial Objectiva, xa que me
parecía un libro interesante e con pouca dificultade de ler porque
ten debuxos e pouca letra. Trata sobre unha criada e a súa dona, que
está sempre reñéndolle.
Pois
a verdade é que si me gustou ler en portugués xa que sempre me
pareciu unha lingua moi interesante. Non me custou moito ler o libro
pero si que había algunhas palabras que me custaba máis entendelas,
pero polo resto ben.
O
club de lectura parece unha maneira de ver a lectura dende outro
punto de vista, xa que non só lemos, senón que aprendemos sobre a
historia e a cultura de Portugal e outros países da lusofonía.
Sabela
Lema Rodríguez (4º ESO)
O
libro que escollín para o club de lectura de Portugués foi
Reencontro
em Barcelona, de Elizabeth
Adler, xa que cando lín o título na biblioteca estaba segura de que
me ía gustar porque me chamou moito a atención.
Ao principio asustábame non entender nada, xa que é un libro bastante longo e se non comprendes a lingua resulta complicado de ler, pero pouco a pouco íao entendendo, aínda que me perdín nalgunha que outra parte e houbo certas palabras que tiven que consultar nun dicionario debido á súa complexidade, xa que nunca estudei portugués e tiven pouco contacto con el pero sen ningunha dúbida é unha lingua fermosa que me encantaría aprender.
Irene
Sánchez Suárez (4º ESO)
O
meu libro foi a banda deseñada Astérix apresenta Humpá-pá.
O pele-vermelha de R. Goscinny e A. Uderzo editado por Edições
Aspa.
Gustoume
moito xa que trata a historia e as aventuras que realiza o
pele-vermelha polo mundo de Astérix e Óbelix.
Natalia
Cousillas Fuentes (4º ESO)
A
doninha e o taxidermista de Séchu Sende das editoriais O Diário
Liberdade, Artábria Fundaçom e a Escola de Ensino Galego Semente. É
un libro moi fácil de ler e tamén se pode entender con moita
facilidade.
Ana
Nantón Castro (3º ESO)
Eu
escollín un libro de Geronimo Stilton, Não me deixes, Tenebrosa
da editorial
Presença.
O
libro e fácil de ler e entender. Gustoume porque os debuxos
axúdanche a entender o libro.
David
Camafreita Casas (4º ESO)
O
libro que eu lin é Momentos
de aquí do
escritor angolano Ondjaki da editorial Caminho.
Gustoume
ler o libro aínda que ás veces non coñecía algunhas palabras.
Respecto ao club de lectura pareceume interesante porque tomabas
información doutros libros que igual che interesaban para despois
lelos e de aspectos culturais moi interesantes.
Iván
Mira Varela (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario