xoves, 4 de outubro de 2018

Coida do teu mellor amigo, Sara Rivera Bernárdez (4º ESO)

Resultado de imaxes para CUIDAR DE MASCOTA
Desde sempre nos preocuparon problemas como o paro, a inmigración, a violencia de xénero… pero non podemos esquecernos das nosas mascotas.
En España unha gran porcentaxe de animais son abandonados, sendo un dos primeiros países na lista de abandono de mascotas.
Durante 2017 foron recollidos por refuxios máis de 138.000 cans e gatos.
Desde 2008 houbo un descenso bastante grande en canto recollida de animais, sendo nesa época arredor de 157.000.
Aínda que este problema se foi freando co paso dos anos, seguen sendo cifras moi elevadas e preocupantes.
A época con maior número de abandonos soe ser o verán, xa que se producen moitas camadas non desexadas. Outra razón é que os donos non se poden ocupar das súas mascotas mentres van de vacacións.
As cinco principais razóns ditas polos propietarios tratando de xustificar o abandono de animais son: os factores económicos, camadas indesexadas, o fin de temporada de caza, o “mal comportamento” e a perda de interese.
En conclusión, para coidar a unha mascota debemos ter claro se seremos capaces de coidala, xa que é algo que necesita responsabilidade, e un animal non é un obxecto que poidas tirar coma se non significara nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario