Os
inicios da emigración remóntanse a Revolución Industrial. Entre
1800 e 1924 migrou unha gran cantidade de europeos. Moitos deles
galegos, xa que en Galicia escaseaba o traballo e as familias non
tiñan atopaban outra maneira de obter ingresos. Isto produciu unha
crise demográfica, tanto en Galicia como no resto dos países
europeos.
Dende
a opinión de moitas persoas, os emigrantes foron severamente
reprimidos durante toda a historia, debido, na súa maioría, polo
sentimento de nacionalidade que había nos países aos que esta xente
chegaba. Unha das principais causas desta represión é que a xente
cun forte sentimento de nacionalidade non acostuma a integrar a xente
doutras nacionalidades.
Nos
últimos anos, estivéronse producindo diferentes guerras e
revolucións nalgúns países de Occidente como Siria ou africanos.
Moitos
destes últimos estiveron ás portas da morte, tras cruzar mares en
pequenas embarcacións moi básicas con grandes cantidades de
persoas, moitas delas, sen chegar ao seu destino.
Falando
dos sirios, nos últimos anos están a sufrir unha das maiores
guerras e unha grande crise humanitaria. Miles de persoas, trantan de
fuxir formando cadeas humanas para tratar de chegar ao resto de
países europeos da guerra civíl deste país que se iniciou en 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario