Dinís
é un rapaz de San Pedro de Moel, que traballa na fábrica de vidro.
Un día, coñeceu a Filipa, unha rapaciña nova neta dunha señora do
lugar, namóranse e fanse mozos. Pasan uns anos de mozos as
escondidas, xa que o pai da rapaza, chamado Rui González, non o pode
saber xa que lle prohibiría a Filipa estar con ese rapaz. So
o saben a nai de Dinís e a avoa de Filipa. Comezaron os tempos de
guerra e Dinís foi recrutado para ir a Mozambique, comunícanse
mediante cartas que sempre van dirixidas a casa de dona Leonor. Aló,
coñece a Miguel da Silva e fanse amigos. Ao cabo dun tempo regresa
para Portugal, e de alí a pouco organizan unha revolta na fábrica
de vidro e Dinís, xunto con outro compañeiro son encarcelados na
cárcere de Peniche. Filipa un día decide ir visitar a Dinís ao
cárcere, pero aínda non pode recibir e Filipa é fichada no
rexistro civil. Para que Filipa non teña problemas o pai decide
marchar para o Brasil. Despois de cinco anos no cárcere, Dinís sae
en liberdade debido a Revolución dos cravos.
Comparación:
Comparada
coa película Capitanes de Abril, tanto a película como o libro
están ambientados na guerra de Portugal e na revolución dos cravos
que ocurreu en abril.
Gustoume
porque é un ambientado na dictadura e de como a tiveron que pasar as
persoas que a viviron, ademais conta unha historia de amor que non é
das como as que se contan sempre nos libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario