Viriato,
é unha xabaril que conta as súas memorias dende que a abandonaron.
Antes tiña dono, un home de mans grandes, pero un día abandonouna
no barranco do Curbeiro.
Despois
de pasar varios días intentando asumilo e sen estar en contacto con
ninguén, coñeceu a tres da súa especie. Un macho e duas femias.
Ao
día seguinte, xa só quedaba ela máis as femias xa que o macho
quedara amarrado nun cacharro con pinchos mentres lle roubaban a un
campesiño, e non o axudaron porque lles disparaba. Dende aquela non
o volveron ver.
Elas,
viaxaban dun lugar a outro para sobrevivir e contaban historias sobre
os lugares que visitaban. Un día encontráronse a nai, e ela, xa
coñecía a Viriato de ler as súas memorias.
Outro
día, mentres durmían ardeu o monte e só Viri e unha conseguiron
sobrevivir.
Aínda
así, o peor era acaza. Durante o período de caza, escapaban de cans
e de cazadores por montes, ríos...
Un
día de disparos, perdeu a a Penca, e dicir, a outra xabaril. E
mentres a buscaba coñeceu a unha cervo chamada Vanesa. Pasaron
varios días xuntas ata que Viri marchou en busca da Penca. Ao día
seguinte volveu visitar a Vanesa, pero fora esnaquizada por uns cans
de caza.
Atopou
a Penca no lugar onde a abandonaran a ela. Pasaron alí uns día e
Viri viu ao home das mans grandes. Estivo enfadada ata que o oíu
dicir que estaba colaborando para protexer os xabarís.
Unha
noite mentres paseaba, un macho obrigouna a ir co el, pero salvouna o
Pillo, outro macho do que se namorou. Pasaron xuntos uns cantos días
e de súpeto, el desapareceu dicindo que non a quería mais.
Cando
volveu a ver a Penca, xa tiña barriga. Resulta que estaba
embarazada, pero non do Pillo, que a deixara marcada e toleara cos
machos. Tivo dous machos e dúas femias. Pero un dos machos morreu
caendo por un acantilado mentres escapaban duns cans de caza,
Despois,
no tempo de caza matáronlle a outros dous. Colleu forzas e volveu a
casa. Polo camiño, viu a Penca, co Pillo. O Pillo deixáraa pola súa
amiga. Desanimada volveu a casa da Maruxa, unha veciña que a
acolleu, e alí acabou, no cortello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario